Decembro de 2015
 
 

NÚMERO 297 - 14/12/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A RPT da un novo paso para se aprobar no Consello Social

A Comisión de Asuntos Económicos do Consello Social na reunión realizada o pasado xoves, día 10, tomou a decisión, por unanimidade, de informar favorablemente o proxecto de RPT de PAS funcionario asinado entre o reitor e a representación dos traballadores e traballadoras o pasado día 20 de novembro.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na súa presentación á Comisión o xerente sinalou que se procedía a esta modificación, primeiro por mandato estatutario que establece que “as relacións de postos de traballo da Universidade da Coruña revisaranse e aprobaranse preceptivamente cada dous anos” e, segundo, para rematar o proceso de funcionarización do PAS laboral fixo reflectíndose na nova RPT a homologación á escala xeral das escalas especiais.
 
A nova RPT facilitará, a carreira administrativa e a provisión interna de postos de traballo. Sinala tamén o xerente que a RPT recolle a estruturación máis clara das áreas e postos de traballo do Servizo de Informática e Comunicacións e que trata de dar resposta aos obxectivos clave do Plan Estratéxico 2013-2020 nos retos de captación e xestión de fondos europeos e programas de internacionalización reforzando, sen custo económico adicional, a ORI e a OTRI.
 
Informa, o xerente, que o día 26 de novembro enviouse a RPT á Consellería de Facenda que ten que informala. Sinala que o mércores, día 9 de decembro, en conversacións coa Consellería indicáronlle que non vían ningún problema e que o informe definitivo se realizaría antes do día 16, data en que debe ser aprobada polo Consello de Goberno e Consello Social.
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript