Decembro de 2015
 
 

NÚMERO 297 - 14/12/2015

   CUTUDC / Novidades

  A CIDADANÍA ENTRA EN CAMPAÑA O 13 DE DECEMBRO
 

Colectivos e organizacións chaman á acción polas liberdades cidadás

O domingo 13 de decembro máis de 80 colectivos e organizacións uniranse para levar a cabo unha gran acción reivindicativa no Paseo del Prado que anime á cidadanía para volver ás rúas para facer visible os dereitos e liberdades cidadás que a sociedade civil leva defendendo con intensidade desde o estalido da crise.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esta acción enmárcase dentro da campaña Cidadá "Ante as súas Mordazas, A nosa Liberdade” cuxo obxectivo é poñer no centro do debate as reivindicacións sociais que as “Leis Mordaza queren silenciar” a través dunha marea de accións artísticas e reivindicativas nos días previos ás eleccións. “Estamos nun momento clave no que a cidadanía debe ser a protagonista e todo o esforzo realizado ata agora pola defensa dos nosos dereitos debe ser escoitado máis que nunca”, defenden. Esta campaña cidadá centrará as súas reivindicacións en sinalar o rexeitamento ás Leis Mordaza e esixir a súa derrogación inmediata, por ser un dos maiores retrocesos da democracia española desde o franquismo.
 
“Vivir en liberdade depende do compromiso de cada unha de nós e agora máis que nunca debemos de mostrarnos unidas todas as persoas que defendemos a dignidade, o dereito á vivenda, a liberdade de información, a educación pública e a sanidade universal. As que denunciamos a violencia machista, a desigualdade económica e a exclusión social. As que non temos papeis, as que sufrimos as consecuencias do desemprego e a precariedade. Quen simplemente vemos no desexo dunha democracia real e na organización espontánea da xente un motivo de celebración”, segundo se pode ler no comunicado.
 
O 13 de decembro ás 11:00 horas, o Paseo del Prado encherase de cor cunha gran columna humana que se estenderá entre Atocha e Cibeles para dar voz ás distintas loitas sociais como o dereito a unha vivenda e traballo digno, a xestión publica da auga, a cultura libre, por unha xustiza igual para todas, a defensa e respecto do medio ambiente, o acceso a unha sanidade e educación pública, gratuíta e de calidade, a loita feminista e LGTB, os dereitos das persoas migrantes, a loita contra a pobreza ou contra o TTIP, entre moitas outras. A arte tamén será un dos protagonistas desta xornada reivindicativa que contará con teatro, danza e música en directo coa actuación da cantante Alicia Ramos, o grupo de música Violet June e a Solfónica. E retomando o espírito 15M que impulsou a participación cidadá nas prazas tomarase a rúa cunha asemblea cidadá e mesas informativas dos distintos colectivos.
 
Con esta acción cidadá, Non Somos Delito e os colectivos que confirmaron xa a súa participación, como Democracia Real Xa (DRY), Rede de Acollida de Refugidxs, Asembleas do 15M, a PAH, Ecoloxistas en Acción ou ATTAC, entre outras, queren convidar a todas as persoas que “cren que outro mundo é posible", a sumarse e “exercer o seu dereito de reunión expresándose libremente”. Así mesmo a xornada do 13D servirá para definir alternativas que eviten a criminalización da pobreza así como toda discriminación por cuestións de sexo, orixe ou raza.
 
Desde a Plataforma Non Somos Delito denuncian que "as persoas defensoras dos dereitos sociais en España están a ser criminalizadas e perseguidas por exercer o dereito á protesta e é por iso que se impulsou esta acción, xa que por desgraza, as Leis Mordaza é unha cuestión que afecta gravemente a todas as loitas cidadás".
 
Pola súa banda, a Rede Solidaria de Acollida de Refugiadxs uniuse a esta acción para denunciar entre outras cousas que "as Leis Mordaza entenden que é delito apoiar a quen, despois de percorrer miles de quilómetros e superar innumerables fronteiras fuxindo da guerra, a persecución ou a fame, chegan ao noso país no seu tránsito cara a Europa. O dereito de asilo, de seu pouco accesible e ineficaz, pois acaba condenando a quen o logra á exclusión social, négase a quen son devoltos en quente na fronteira sur". Coa súa adhesión á campaña, pretenden tamén facer visible a súa mobilización o 18 de Decembro, día internacional dos dereitos das persoas migrantes, que será en Madrid ás 18:30 de Atocha ao Ministerios de Exteriores co lema: "Todas somos refuxiadas inmigrantes".
 
O colectivo de Marea Granate levará a cabo unha acción similar o 13D en numerosas cidades do mundo. Segundo manifestan desde este colectivo: "Unímonos a esta campaña, polo recorte de liberdades, dereitos sociais e civís que se están producindo nos nosos países, en defensa da xustiza social e a democracia. A nosa actual loita é polo dereito a voto dos cidadáns no exterior, vulnerado gravisimamente coa reforma da lei electoral do 2011 e coas numerosas irregularidades administrativas adicionais. Por este motivo o 13D, saímos a manifestarnos en máis dunha decena de cidades noutros países". Outras cidades como Sevilla tamén realizarán actos de sensibilización o mesmo día 13D.
 
Todos os colectivos, asembleas, grupos sociais e persoas a título individual están convidadas a replicar a acción do 13 de decembro nas súas cidades e barrios, “porque se nos queren amordazadas e divididas, terannos xuntas e nas rúas”, segundo reclaman no seu comunicado.
 
Non Somos Delito    nosomosdelito.net

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript