NÚMERO 297 - 14/12/2015
CUTUDC / Novidades
Agora que estamos no camiño de recuperar a parte da extra que se nos recortou no ano 2012 comezan a xeneralizarse as sentenzas que afectan ao que ilegalmente se nos roubou na extra do ano 2013. Como vos sinalamos en anteriores números do PASquín, o colectivo laboral xa interpuxo Conflito Colectivo para recuperar o diñeiro. A Universidade recorreu a sentenza. O proceso a seguir no PAS funcionario é diferente e teremos que comezar a preparar o procedemento que obrigue á restitución tal e como se fixo coa extra de 2012.
En que se fundamenta a
reclamación?
Como recordaredes os Orzamentos da Xunta de Galicia
para o ano 2013
publicáronse no DOG do 27 de febreiro de
2013, entraron en vigor o 1 de marzo
dese ano pero neles recollíase un recorte da paga
extra d@s traballador@s da Administración Pública
de Galicia cuxo cómputo tiña efecto dende primeiro
dese ano. O que se denunciou, e o que haberá que
denunciar é precisamente unha vez máis o efecto
retroactivo do recorte, o mesmo que aconteceu coa
extra de decembro de 2012.
Que procedemento seguir?
O PAS laboral xa realizou a reclamación pola
vía do Conflito Colectivo, que afecta a todo o
persoal que no ano 2013 pertencía a ese sector. No
PAS funcionario, diante dos antecedentes que tan bo
resultado deron coas reclamacións realizadas para a
devolución da extra de 2012 parece que o mellor
procedemento sería a realización de denuncias
persoais que obriguen á restitución do recortado.
Comezamos a traballar nesta vía.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript