NÚMERO 297 - 14/12/2015
CUTUDC / Novidades
>Por undécimo ano consecutivo, a Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura (CPDT), integrada por 47 entidades de defensa dos Dereitos Humanos do Estado español, presenta o seu informe anual sobre os casos de tortura, malos tratos e mortes baixo custodia. Triplícase o número de persoas migrantes que viviron situacións de tortura ou malos tratos respecto ao 2013.
Como en edicións anteriores
a presentación tivo lugar en primeiro lugar,
facendo unha análise cuantitativa das situacións
nas que se produciu algún tipo de violencia
institucional sobre persoas baixo custodia dos
funcionarios de seguridade pública (en comisarías,
cuarteis, prisións ou outros centros de privación
de liberdade) e/ou no transcurso de intervencións
policiais (represión de manifestacións, etc.). Esta
análise dos datos desenvolveuse segundo o
territorio no que se produciron os feitos, sendo
Catalunya, Andalucía e Madrid os tres territorios
que recompilaron máis denuncias (afectando a
277, 221 e 144 persoas respectivamente).
A continuación analizáronse os datos
segundo as características das persoas agredidas e,
neste ámbito, dous colectivos especialmente
afectados: as persoas agredidas durante a súa
participación en mobilizacións sociais (con polo
menos 450 persoas afectadas) e as persoas migrantes
(355 persoas). Continuando coa descrición do
corpo funcionarial denunciado por cometer as
agresións, destácanse, segundo os datos a
Policía Nacional (denunciada por 315 persoas), as
policías autonómicas (denunciada por 272 persoas) e
a Garda Civil (denunciada por 271 persoas).
Posteriormente e tras analizar os datos
coñecidos, pasouse a presentar un estudo
cualitativo, dunha forma máis detallada, dalgunhas
situacións específicas que, segundo destacou a
CPDT, xeran especial preocupación, empezando
polas mortes baixo custodia, das que indican
coñecer 50 casos, e seguindo pola situación das
persoas migrantes; especialmente na Fronteira Sur e
os voos de deportación.
“Destacamos estas tres cuestiones por
entender que son as de maior gravidade de entre as
ocorridas no período analizado, pero sabendo que
non son as únicas e que todas as situacións
coñecidas son preocupantes, por implicar a
vulneración de dereitos fundamentais como o son o
dereito á integridade física, psíquica e moral”
comentan desde a propia Coordinadora.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript