NÚMERO 297 - 14/12/2015
CUTUDC / Novidades
O pasado día 10 de decembro, concentráronse diante do SERGAS, máis dun centenar de Inspectores e inspectoras de Sanidade Pública concentráronse para denunciar o aumento de risco sanitario en Galiza, esixindo ao goberno autonómico un “maior compromiso coa saúde pública”.
Comunicado da convocatoria á
concentración
Recentemente en Galicia comunicáronse á
poboación importantes alertas sanitarias de tipo
ambiental, como foron o declarar a auga de Ferrol
non apta para o consumo ou o abrocho de Lexionelose
en Lugo.
Estas alertas sanitarias, puxeron de manifesto a
incapacidade da Consellería de Sanidade para
xestionar estas situacións de crise debido,
principalmente, a unha falta de medios e a unha
deficiente organización dos servizos de inspección.
Os Farmaceúticos Inspectores de Saude Pública de
Galicia (FISP) dependentes da Consellería de
Sanidade, queremos subliñar que estas alertas
sanitarias, as de Ferrol e Lugo, non son feitos
illados. Na nosa Comunidade Autónoma prodúcense con
frecuencia numerosas situacións que poderían
desencadear alertas similares. Habitualmente
detéctanse incumprimentos nas augas de consumo
municipais que fan que a auga sexa “non apta para o
consumo” nalgúns casos. Séguese detectando
Legionella en hospitais, centros deportivos,
residencias da terceira idade ou colexios, e
continuamente xéranse alertas por produtos químicos
de uso cotián que supoñen un risco directo para a
saúde dos consumidores.
En Galicia, cada ano aumentan os casos de
enfermidades relacionadas coa saúde ambiental
debido ao escaso número de inspectores existentes e
á falta de medios, resultando imposible abarcar a
totalidade das instalacións para inspeccionar
(9.211 establecementos segundo a memoria publicada
en 2014 pola Consellería de Sanidade).
Outro aspecto fundamental que evidencia a
desorganización do corpo de farmacéuticos
inspectores é a ausencia de vixilancia sanitaria
fora do horario laboral destes, xa que non existen
quendas de garda que cubran calquera alerta
sanitaria que xurda durante as tardes ou os fins de
semana.
Ante a proposta de que exista unha estrutura
adecuada de inspección cunha mellor organización e
maiores recursos, a Conselleria de Sanidade,
incriblemente, pretende reducir o número de
inspeccións a realizar, e o número de inspectores,
a pesar de que con iso aumenta o risco sanitario
para a poboación.
Así, a Consellería de Sanidade, reduciu
drasticamente o número de inspeccións e de análises
realizadas polos inspectores desde o ano 2009, en
aspectos tan fundamentais como os abastecementos de
auga municipais ou de colexios, piscinas, control
da lexionelose, produtos químicos ou biocidas.
O próximo día 10 de decembro ás 11h, os
Farmaceúticos Inspectores de Saúde Pública
manifestarémonos ante a Conselleria de Sanidade, en
Santiago de Compostela, para reclamar unha maior
responsabilidade sanitaria que evite riscos
innecesarios para saúde da poboación.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript