NÚMERO 297 - 14/12/2015
CUTUDC / Novidades
Desde a plataforma apartidaria ProLingua dirixímonos a vostede para reclamar respecto á riqueza plurilingüe de España no sitio web do Congreso dos Deputados. O portal do Senado (senado.es) pode consultarse en catalán, castelán, éuscaro, galego, valenciano e inglés, mentres que o do Congreso (congreso.es), só en castelán e inglés.
Consideramos necesaria unha ampliación
inclusiva desta oferta que posibilite o acceso no
resto dos idiomas de España que son oficiais nas
súas Comunidades Autónomas, e mesmo que se
considere esta posibilidade para aqueloutros que
sen o seren contan cun certo grao de oficialidade
coma o asturiano ou o aragonés. Ben está poder
coñecer a actividade das nosas deputadas e dos
nosos deputados en inglés, pero é de xustiza
dispoñermos tamén desta información en galego e nas
demais linguas españolas.
Hoxe a Constitución Española está de aniversario.
Un bo agasallo á cidadanía sería facilitar a
consulta multilingüe dos contidos deste portal
institucional. Resulta habitual escoitar discursos
gabando as bondades do plurilingüismo, mais se ese
plurilingüismo fica reducido ao castelán e ao
inglés, o resultado evidente é a exclusión das
outras linguas. Non pode ser que o Congreso permita
que estas linguas nacionais, mesmo aquelas con
estatuto de oficialidade, reciban na práctica peor
trato que idiomas estranxeiros. Desde Prolingua
queremos agradecer de antemán a súa atención e
agardamos unha solución a esta ausencia tan pouco
plural.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript