Decembro de 2015
 
 

NÚMERO 298 - 21/12/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADICAE
 

ADICAE vixiará que todas as novas comisións en caixeiros sexan “razoables e proporcionadas”

Ante o anuncio de novos acordos sobre as comisións por retirada de efectivo en caixeiros automáticos, a asociación de persoas consumidoras ADICAE seguirá vixiando que as novas tarifas se manteñan nuns prezos razoables e proporcionados ao custo real da operación e non volvan desvirtuar un mercado básico para os consumidores.

 

  • Noticias relacionadas

 

Así o afirmou ADICAE que espera que os custos que fixen os bancos propietarios de caixeiros a entidades alleas a estas novas alianzas, así como os importes que establezan o resto de bancos, sexan “xustos e garantan o bo funcionamento do sistema, ameazado durante meses pola dobre comisión de 2 euros de CaixaBank”.
 
De feito, segundo detectou ADICAE, CaixaBank xa comunica na pantalla dos seus caixeiros que cargará 2 euros, unha cantidade “desorbitada” e para a que “non hai xustificación”, segundo defende ADICAE e ratificou o actual Goberno.
 
Así, os terminais da Caixa informan de que “nos reintegros que se realicen a partir da adaptación á nova norma, CaixaBank cobrará dous euros á súa entidade” cantidade á que o Santander tampouco renuncia.
 
Estes plans non só contradín ao Executivo, senón á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia. A CNMC, cuxo papel supervisor reforzou o Real Decreto, xa instou a que as actuais e futuras comisións deben responder ao custo do servizo prestado, o que obriga aos bancos para manter a proporcionalidade tal como reclama ADICAE.
 
A presión exercida por ADICAE xa conseguiu tombar a dobre comisión de 2 euros de CaixaBank, obrigando ao Goberno para aprobar un Real Decreto Lei para regular estas comisións o pasado 2 de outubro.
 
A acción vixiante de ADICAE tamén logrou que a banca se vise obrigada a realizar por primeira vez unha devolución masiva e de oficio: a asociación denunciou ante o Banco de España que as entidades emisoras de cartóns estaban a cargar aos seus propios clientes custos engadidos á comisión establecida polo dono do terminal.
 
www.arainfo.org

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript