Decembro de 2015
 
 

NÚMERO 298 - 21/12/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Aprobada a RPT

A Consellería de Facenda, O Consello de Goberno e o Consello Social aprobaron a nova RPT que entrará en vigor unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia.

 

  • Noticias relacionadas

 

O 15 de decembro, a Consellería de Facenda emite un conciso “Informe Favorable, por adaptarse ás dispoñibilidades orzamentarias”
 
Tanto o Consello de Goberno como o Consello Social en sesións realizadas o día 16 de decembro, aprobaron por unanimidade a modificación. A defensa da proposta de modificación defendérona por unha parte o xerente e por outra Xosé Portela, os argumentos que se expuxeron foron, practicamente os mesmos en ámbolas dúas reunións.
 
O Xerente defende a modificación cos mesmos argumentos que presentou na Comisión de Asuntos Económicos do Consello Social
 
Xosé Portela salientou que:
“Coa aprobación da RPT remata, a nivel organizativo, o camiño iniciado no mes de xullo de 2012 coa aprobación do “ACORDO DE FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA”, creándose deste xeito, á marxe das discrepancias, o corpo único de traballadores e traballadoras da Universidade da Coruña, unha vella aspiración do colectivo.
 
A aprobación da RPT que se presenta é imprescindible para a homologación das escalas especiais á escala xeral. E tamén resulta imprescindible aprobar os cambios que nela se contemplan respecto da anterior RPT para que se poda realizar, tanto a carreira administrativa como a ocupación de postos de traballo.
 
Significar, tamén, que a proposta que se trae a aprobación conta co consenso unánime da Xunta de Persoal e foi referendada mediante voto electrónico polo PAS.”
 
A nova RPT entrará en vigor unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript