NÚMERO 298 - 21/12/2015
CUTUDC / Novidades
O período de baixa actividade que se prolonga desde esta semana até arredor do 15 de xaneiro e, tamén, por coincidir co tempo no que se concentra o goce de días de asuntos particulares que leva a que a redacción do noso boletín estea baixo mínimos, obríganos (non queriamos) a deixar de publicar o PASquín até o 18 de xaneiro.
As previsións para o vindeiro ano
non son positivas para a administración pública nin
para os seus traballadores e traballadoras. O
goberno e a troika pretenden dar a estocada final
aos servizos públicos e parece que se aproximan
novos recortes.
Collede forzas durante este tempo porque o vindeiro
ano requirirá activar a resposta e a mobilización
para facerlle fronte a ese novo “paquete de
medidas” que pensan impoñernos.
Por un novo ano no que mediante as mobilizacións
(non o conseguiremos por outra vía) logremos, cando
menos, a restitución de todo o que nos roubaron e
facer que os servizos públicos sexan
verdadeiramente públicos, de calidade e ao servizo
da cidadanía.
ÁNIMO E LOITA!!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript