NÚMERO 298 - 21/12/2015
CUTUDC / Novidades
En momentos difíciles, espérase dunha conferencia internacional que tome decisións valentes e visionarias. Este non é o caso da COP 21, cun acordo moi debaixo do cambio de rumbo requirido. Ao estado de urxencia climática, o acordo de París opón unha bricolaxe constituída pola suma dos egoísmos nacionais, tanto en materia de financiamento como nos obxectivos de redución das emisións.
Non fai falta esquecer o esencial:
o acordo de París confirma un recalentamiento
climático superior a 3°C, sen dotarse dos
dispositivos para volver sobre unha traxectoria
inferior a 1,5°C ou polo menos a 2°C.
François Hollande desexaba que se lembrase a COP 21
como o momento que desencadeou unha «revolución
climática». En moitos dos puntos, o acordo de París
decídese polas opcións máis conservadoras e menos
ambiciosas de entre as presentadas no texto de
negociación. O acordo de París valida unha cousa
positiva: os 195 estados do planeta están de acordo
en manter un marco internacional e multilateral
–aínda que moi debilitado– de «gobernanza do
clima»: para cambiar verdadeiramente o escenario,
devén urxente que as regras e principios de
organización da economía mundial e do comercio
internacional sexan sometidas ao obxectivo
climático.
Análise do texto sobre a base dos adxectivos
utilizados por Laurent Fabius e François Hollande.
O acordo de París é ambicioso?
- Ratificando das contribucións nacionais que
conducen cara a un recalentamento superior a 3°C, a
COP 21 móstrese incapaz de desactivar a bomba
climática.
- O obxectivo de 1,5°C, que non é un obxectivo
obrigatorio, é incapaz de enmascarar a ausencia de
compromisos cifrados de redución de emisións de
gases de efecto invernadoiro para os anos vindeiros
(art. 2);
- Non se menciona ningunha data para o pico das
emisións e, o obxectivo a longo prazo, esperado
para 2050, posponse para a segunda metade do
século; a formulación do obxectivo a longo prazo
abre a porta á utilización masiva de técnicas
inapropiadas tales como a almacenaxe e o secuestro
do carbono, a compensación de carbono e a
xeoinxeñeiría.
Sen unha folla de ruta claramente establecida, sen
mención dos puntos de paso entre 2020 e 2050
fixados polo Panel Internacional do Cambio
Climático para volver sobre unha traxectoria
inferior a 2°C, o acordo de París pon en perigo o
mero dereito a vivir de numerosas poboacións en
todo o planeta.
O acordo de París está dotado medios
suficientes?
- Ausencia dos 100.000 millóns de dólares como
nivel mínimo de financiamento no acordo de París,
relegados ao texto de decisión da COP 21 e por
tanto sometido a novas arbitraxes futuras, sen
forza vinculante e sen melloras respecto de
Copenhague ;
- Carencia de transparencia e de previsibilidade do
financiamento para despois de 2020: ningunha
mención dos termos «novos» e «adicionais» para
suxerir financiamentos futuros, en contradición á
Convención, tan só os termos «adecuados» e
«previsibles»;
- Ausencia de reaxustes en beneficio da adaptación.
Despois de 25 anos de negociación, e mentres que
non desbloquearon nunca o financiamento necesario,
os países ricos historicamente responsables do
recalentamento climático tentan desentenderse das
súas responsabilidades.
O acordo de París fai «xustiza climática»?
- Supresión das referencias aos dereitos humanos e
das poboacións indíxenas e a unha transición xusta
nos artigos do acordo de París, relegadas aos
preámbulos;
- Claro enfraquecemento do mecanismo de «perdas e
danos» xa que todo o que implique responsabilidades
xurídicas (liabilities) é retirado deste acordo.
O enfraquecemento do mecanismo de perdas e danos
soa como unha confesión de culpabilidade dos países
responsables do caos climático.
O acordo de París é universal?
- Os sectores da aviación civil e do transporte
marítimo, preto de 10 % das emisións mundiais
(equivalentes ás de Alemaña e Corea do Sur) son
eximidos de todo obxectivo;
- Numerosas contribucións dos Estados, sobre todo
dos países máis desprovistos, dependen de
financiamento adicional para levar a cabo a súa
transición enerxética e as políticas de adaptación:
este financiamento non se inclúe e non está
garantida no futuro.
O Acordo de París non se dota dos medios para ser
universal e renuncia a atacar a máquina do
quecemento do planeta que constitúe a globalización
económica e financeira.
O acordo de París é xuridicamente vinculante?
- O acordo de París non transforma as contribucións
nacionais en compromisos obrigatorios e os
mecanismos de revisión dos compromisos son
debilmente vinculantes;
- Ningún mecanismo sancionador é posto en marcha
para sancionar os Estados que non adopten
compromisos insuficientes, que non cumpran ou que
se negasen a revisalos á alza.
Mentres que os acordos de liberalización de
comercio e de investimento sancionan aos países
cando non respectan as súas regras, non hai nada
diso na loita contra as emisións de gases a efecto
de invernadoiro.
O acordo de París é dinámico?
- Será imposible engadir nos anos futuros todo o
que non estea no texto do acordo de París (100.000
millóns de dólares como nivel mínimo de
financiamento…) ;
- Están previstos inventarios (stocktaking) cada 5
anos, pero a posta en marcha das revisións á alza
queda pendente da interpretación do texto e da boa
vontade dos Estados.
O acordo de París é diferenciado?
- Coa posta en marcha das contribucións nacionais,
os Estados aceptaron en Lima unha
auto-diferenciación en materia de redución de
emisións de Gases de Efecto Invernadoiro: cada país
pon sobre a mesa o que desexa;
- En materia de financiamento, mentres que a
Convención-marco prevé que os países historicamente
máis emisores desbloquean o financiamento necesario
para a adaptación e a mitigación nos países que o
necesiten, os Estados Unidos e os seus aliados
tentaron proseguir a demolición dos principios da
Convención.
O acordo de París é equilibrado?
- Ningún mecanismo claramente definido para
facilitar a transferencia tecnoloxía, sobre todo
para levantar as barreiras ao acceso xeradas polos
dereitos de propiedade intelectual;
- Permítese aos países, sobre todo os máis
emisores, utilizar mecanismos de compensación
carbono para alcanzar os seus obxectivos, en
detrimento de unha redución doméstica das emisións.
- Mantemento da referencia a «o crecemento
económico» (art. 10)
Tradución: David Hervás
Fonte:
https://france.attac.org/se-mobiliser/changeons-systeme-pas-climat/article/reaction-d-attac-france-a-l-accord-de-paris
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript