Decembro de 2015
 
 

NÚMERO 298- 21/12/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Comisións de servizo
Ola, son desas traballadoras que rematan a súa “comisión de servizo” o día 8 de xaneiro, por certo nunca a solicitei. Vexo que pasa o tempo e non soluciona o problema, non había un compromiso para axilizar o procedemento para que os danos que provoca esta circunstancia fosen os menos posibles?.

Un escéptico
Son desas persoas que non se cren nada nas campañas políticas, tampouco crin nada das promesas e dos programas dos candidatos a reitor, son, polo tanto, un escéptico. Sitúome nesta posición por experiencia e porque me sentín enganado con anterioridade, para xustificarme abonda un exemplo: No ano 2005 o PAS laboral asinou un Convenio Colectivo que contemplaba a desaparición do grupo IVB, os pertencentes a esta grupo promocionaríamos ao grupo IVA, parece, ata que o vexa non o creo, que ese compromiso se vai levar a efecto no ano 2016 e como funcionario. A parte do incumprimento dunha obriga adquirida de forma voluntaria polo sr. reitor (daquela Barja), canto no leva aforrado a universidade ao non cumprir o asinado?.

Solidariedade
Estes dias repartiron polos centros unhas caixa para encher de alimentos non perecedoiros, colocáronnos diante dos nosos ollos a realidade na que transitamos, cada día máis persoas se incorporan a ese exército de cidadáns que teñen moi difícil, ou imposible, chegar a fin de mes. O carácter das festas de nadal aproxímanos a esas persoas e fainos máis solidarios, e en xaneiro?, e en febreiro?...

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript