NÚMERO 298 - 21/12/2015
CUTUDC / Novidades
@s funcionari@s do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo, que desenvolveron tres días de folga, denuncian que, despois de tres días, a Xunta non se puxo en contacto con eles para solucionar os problemas denunciados a pesar de que o paro provocou a suspensión dos procedementos civís dos tres que estaban programados. Os paros continuarán a vindeira semana, concretamente os días 21 e 23 de decembro.
Pola súa parte o Comité de Folga
emitiu o seguinte comunicado:
COMUNICADO DO COMITÉ DE FOLGA II
XDO. VIOLENCIA SOBRE A MULLER
EXCLUSIVO DE VIGO
• O Tribunal Superior de Xustiza e
Alfonso Rueda, que ao principio negaban a
situación que se vive no Xulgado de Violencia
contra a Muller, xa empezan a falar de que
"hai aspectos mellorables nos Xulgados de Violencia
de Xénero”
O goberno da Xunta de Galicia está a demostrar que
é un goberno MACHISTA, a día de hoxe non se
puxo en contacto para solventar os problemas
denunciados polos traballadores e por Alternativas
na Xustiza-CUT.
Nomear mulleres Conselleiras non deixa de ser un
feito hipócrita se non se poñen os medios
necesarios na LOITA CONTRA A LACRA DA VIOLENCIA
CONTRA A MULLER (educación, xustiza,
asociacions, pisos, axudas)
O Sr Rueda falta á verdade cando afirma que
necesita esperar o informe do TSXG para decidir
medidas. O Persoal de Xustiza, o psicólogo, os
habitáculos para as vítimas, as medidas para que os
traballadores podan ampliar a xornada DEPENDEN
ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE DA XUNTA DE GALICIA E DO SR.
RUEDA EN PARTICULAR.
Tamén nos gustaría saber como poden tomar
medidas sen falar cos traballadores que
están todos os días coas mulleres maltratadas e cos
profesionais. A Xunta mostra unha improvisación
absoluta.
• NON PODE SER que moitas mulleres
maltratadas non denuncien por falta de confianza no
sistema xudicial.
• NON PODE SER que as medidas
provisionalisimas teñan máis de 4 meses de retraso,
provocando que os menores estén durante este tempo
en contacto co maltratador.
• NON PODE SER que os Menores teñan que ser
coidados polos traballadores do xulgado mentras
declara a maltratada.
• NON PODE SER que os traballadores do
xulgado estén de garda de luns a venres todo o ano.
• NON PODE SER que o xulgado asuma os
quebrantamentos coa nova reforma lexislativa, co
mesmo cadro de persoal
POR DIGNIDADE E POR DEREITO
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript