NÚMERO 298 - 21/12/2015
CUTUDC / Novidades
O pasado día 13, como todos os meses, realizáronse concentracións na Coruña, Santiago e Pontevedra que clamaron contra o “acoso” e “derriba” da sanidade pública, cuxa “privatización” obriga a transferir “” a pacientes á sanidade privada.
Así o relatou a Europa Press José
Miguel, da Marea Branca de Coruña, quen tamén
denunciou a “perigosa” situación das Urxencias no
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
(Chuac), onde as salas de espera e o corredor están
“colapsados”.
De igual modo, criticou as condicións de
desatención “” dalgunhas residencias xeriátricas,
así como o “peche” dunha planta “enteira” no
Hospital Abente e Lago.
Nesta mesma liña, animou aos pacientes a denunciar
e precisou que existen determinados enfermos que
non aparecen nas listas de espera e que, por tanto,
atópanse nun “limbo”.
Pola súa banda, Eli Dosil, da Marea Branca de
Santiago, esixiu ao Goberno central e autonómico
“volver” a unha sanidade “pública, universal,
gratuíta e de calidade”, que se desvirtuou”,
defendeu, “por mor de diversas leis”, que solicitou
que se derroguen.
No que respecta á política de recursos humanos do
Servizo Galego de Saúde (Sergas), denunciou a
“total falta de organización e improvisación” nos
servizos de Urxencias.
A este respecto, indicou que dentro do colectivo de
Enfermaría “non hai xente dispoñible e en lista de
contratación” debido ás quendas “incompatibles” coa
vida cotiá e á próxima OPE de Enfermaría, que está
“ás portas”. E é que, por mor deste último motivo,
hai moita xente en suspensión de chamamentos
Ligazón Relacionada
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript