NÚMERO 298 - 21/12/2015
CUTUDC / Novidades
Segundo datos do INE, 3.870 persoas quitáronse a vida en 2013, un 22% máis que en 2010. Nani Lema sufriu o suicidio do seu irmán, afectado polo paro, un desafiuzamento e unha negociación financeira. Á súa morte, o banco reclamaba aos seus pais parte da débeda. Fai tres meses conseguiron a condonación.
Suicidios e crise. Dúas palabras que só cando se pronuncian desatan a polémica. Fronte a quen sostén que non existe relación, outros alertan con datos. Un estudo concluía que a taxa de suicidio creceu un 8% desde 2008, co inicio da crise. Outra investigación apuntaba un aumento da ansiedade e depresión. Máis aló das cifras, a realidade pon nomes e apelidos. O paro e as ameazas de desafiuzamento foron as causas que minaron a moral de Francisco José. A pobreza e a exclusión social provocaron que a ansiedade e a depresión se apoderasen da súa vida. A chegada dunha carta foi a pinga que colmou o vaso. Nun calexón sen saída, Francisco puxo punto final.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript