NÚMERO 298 - 21/12/2015
CUTUDC / Novidades
Seguindo o calendario de mobilizacións acordado os Comités da Consellería de Política Social veñen de realizar, o pasado día 17 de decembro, a marcha con velas que partiu, ás 17 horas do Parlamento galego e rematou na Praza dan Quintana.
Representantes dos catro comites
provinciais da Consellería
de Política Social seguidos por un importantísimo
número de traballadoras e traballadores realizaron
a marcha con velas para reivindicar os dereitos
eliminados polo PP. Reivindican a restitución
do artigo 19 do Convenio Único anulado de
xeito unilateral e ilegalmente polo PP o que impide
a compensación en descanso do traballo realizado en
domingos e festivos quendas que sobrecargan ás
traballadoras e traballadores que a duras penas
poden realizar os traballos coa calidade necesaria.
Denuncian a política austericida que anula a
reposición dos traballadores ausentes por motivos
tan xustificados como vacacións, baixas ...
Maniféstanse, tamén contra a imposición de recortes
de material (como exemplo sinalan que se lles
limita o cambio de cueiros a 4 por día) o que
provoca unha radical diminución da calidade de vida
das persoas ao seu coidado.
Ao remate do acto un traballador leu un comunicado
no que se sinalou a grave situación pola que están
a atravesar, tanto eles coma as persoas ao seu
cargo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript