Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 300 - 25/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL - Ayotzinapa
 

Tres novos detidos por caso Ayotzinapa en México

Os familiares dos estudantes mantéñense en protesta porque rexeitan a versión da PGR que os dá por mortos. Renato Saes, do Comisionado Nacional de Seguridade (CNS) anunciou que hai tres novos detidos polo caso Ayotzinapa. Hai 113 detidos e 131 consignados ata o momento pola desaparición dos mozos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os novos detidos responden os nomes de Mauro Taboada Delgado e Bernabé e Cruz Sotelo Salinas. O comisionado asegurou que os tres suxeitos son secuestradores vinculados ao caso.
 
En 2015, a Procuradoría Xeral da República confirmou a morte dos 43 estudantes da Normal Rural de Ayotzinapa desaparecidos desde o 26 de setembro de 2014, tras ser vítimas dun ataque da Policía municipal de Iguala, que á súa vez entregou aos mozos a unha banda criminal.
 
Hai ao redor de 111 persoas detidas polo caso Ayotzinapa, así como tamén se manteñen as investigacións por parte de organizacións non oficiais, debido aos cabos soltos que deixou a versión da PGR
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript