Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 300 - 25/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL
 

Os afectados pola Hepatite C coordinan a nivel estatal a súa loita polo dereito á vida

A pesar das súas reiteradas promesas, as autoridades españolas continúan negando á maioría dos enfermos de Hepatite C o acceso aos medicamentos que lles poderían curar desta grave enfermidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

Consideracións mercantís prívanlles do dereito á vida, poñendo unha vez máis de manifesto os aspectos máis lacerantes dun sistema, o capitalista, no que todo se ve reducido á condición de mercadoría.
 
A medicación que reclama este colectivo, e que é capaz de curar a enfermidade nunha porcentaxe elevadísimo de casos, foi incorporada ao Sistema Nacional de Saúde grazas á presión social que se exerceu sobre o Goberno. Hoxe, con todo, segue sen fornecerse aos enfermos porque resulta "demasiado" cara. Os fármacos que permiten curar a hepatite C son vendidos polas farmacéuticas en España a un prezo que oscila entre os 25.000 e 60.000 euros.
 
Para defender o seu dereito á vida, estes enfermos autoorganizáronse en plataformas que foron xurdindo en diversos puntos do Estados español. O sábado, 23 de xaneiro, representantes destas plataformas de diferentes provincias reuníronse en Madrid no II Encontro Nacional da Coordinadora de Afectados por Hepatite C.
 
"O encontro forma parte das accións que vén desenvolvendo a Coordinadora desde o mes de xullo de 2015 - explican os organizadores do evento - no seu esforzo para que todos os afectados polo virus sexan tratados desde o mesmo momento no que son diagnosticados, en igualdade de condicións e sen sufrir discriminacións segundo o estadio da súa enfermidade".
 
"Forma parte - explican - dun proxecto cuxo obxectivo é que os enfermos diagnosticados poidan ter acceso aos fármacos de forma inmediata e que se realice unha procura activa de pacientes non diagnosticados para ser tratados, xa que se estima que o 70% das aproximadamente 800.000 persoas españolas, afectadas por Hepatite C descoñecen que padecen esta enfermidade".
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript