NÚMERO 300 - 25/01/2016
CUTUDC / Novidades
O 18 de xaneiro a organización Oxfam Intermón presentou o informe "Unha economía ao servizo do 1%" no que sinala que “A desigualdade extrema no mundo está a alcanzar cotas insoportables. Actualmente, o 1% máis rico da poboación mundial posúe máis riqueza que o 99% restante das persoas do planeta. O poder e os privilexios están a utilizarse para manipular o sistema económico e así ampliar a brecha, deixando sen esperanza por centos de millóns de persoas pobres. O armazón mundial de paraísos fiscais permite que unha minoría privilexiada oculte neles 7,6 billóns de dólares. Para combater con éxito a pobreza, é ineludible facer fronte á crise de desigualdade.”.
O informe sitúa ao Estado Español
como segundo país da OCDE, detrás de Chipre onde
máis medrou a desigualdade desde o inicia da crise,
sinalando que o 1 % máis rico da poboación ten
tanta riqueza como o 80 % máis pobre. Sinala,
tamén, que a poboación en situación de pobreza e
exclusión chega ao seu máximo
histórico ao supor o 29,2 % da poboación (13,4
millóns de persoas) no 2014.
Segundo se sinalou na rolda de prensa de
presentación do informe no Estado Español a
desigualdade medrou case dez veces máis que a media
en Europa, incluso catorce veces máis que en
Grecia. "As políticas de recortes levadas a cabo
durante o período de crise están deixando unha
sociedade española cada vez máis empobrecida, cunha
cada vez máis grande e abismal diferenza entre as
clases máis altas e as máis baixas”
Está claro quen está a pagar a crise capitalista?.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript