Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 300 - 25/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A situación do PAS

Denunciamos desde a Xunta de Persoal e en tódolos órganos de goberno da institución a nula consideración que desde a Xerencia e o equipo de goberno se ten co Persoal de Administración e Servizo á hora de tomar decisións que lle afectan directamente. Ultimamente temos tres situacións que exemplifican esta circunstancia e ás que, como colectivo, non podemos deixar de dar resposta.

 

  • Noticias relacionadas

 

Dúas das circunstancias que denunciamos débense a que se tomaron as decisións sen nin tan sequera escoitar o parecer da representación do PAS, a outra a que, coñecendo o criterio unánime da Xunta de Persoal, a Xerencia dita, dun xeito arbitrario, unha resolución ilegal. As tres sintetizan o criterio de subordinación que este equipo de goberno parece ter do noso colectivo.
 
Casos:
 

  • ·         Integración do Instituto Universitario de Ciencias da Saúde (IUCS) no Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC).
     
    Coñecemos esta integración porque se levou como punto da orde do día do Consello de Goberno do día 16 de decembro e afecta á praza nº 737 de Secretario de Instituto Universitario no Instituto Universitario de Ciencias da Saúde.
     
    Sabemos que as conversas para a dita integración principiaron no verán de 2015, en plena negociación da RPT. A integración suporá unha modificación da RPT que se estaba a negociar, sen que se trasladase esta circunstancia en ningunha das reunións realizadas.
     
    Desta integración temos máis datos e que, a día de hoxe, fannos dubidar de que a praza 737 se poida incorporar no INIBIC ao ter este instituto asignadas as funcións administrativas á Fundación Profesor Novoa Santos, herdeira da Fundación Juan Canalejo.
     

  • ·         Integración da auxiliar de servizos do CICA na Conserxaría de Elviña 2
     
    O día 20, antes de principiar a reunión da Xunta de Persoal, coñecemos que o xerente tomara a decisión unilateral de que, en base á apertura do CICA, a auxiliar de servizos contratada para este centro (a Xunta de Persoal descoñecía esta contratación), dependa da Conserxaría de Elviña 2.
     
    A asignación deste persoal á dita Conserxaría supón, tamén, unha modificación da RPT sendo preceptivo o seu tratamento coa Xunta de Persoal.
     
    Temos noticia de que o xerente reconsiderou esta adscrición facendo que a traballadora dependa da dirección do centro. Isto solventa, momentaneamente a situación pero insistimos que calquera decisión que se tome ao respecto debe facerse despois de tratalo coa Xunta de Persoal.
     

  • ·         Prórroga das comisións de servizo do persoal funcionarizado
     
    Á prórroga destas comisións referímonos neste outro artigo.

 
Somos absolutamente contrarios a que as relacións laborais se establezan baixo o parámetro da subordinación. Se o novo equipo de goberno non cambia de actitude non tardaremos dar a resposta que ao noso parecer merece. Esta circunstancia transmitíuselle directamente ao Reitor o pasado día 20. Que non se diga que non avisamos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript