Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 300 - 25/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisións de servizo do persoal funcionarizado

A negativa á prórroga das comisións de servizo do persoal funcionarizado adoptouse por unanimidade de todos os sindicatos e agrupación electoral presentes na Xunta de Persoal. Nós sempre fomos claros na nosa posición con respecto á súa finalización. Entendendo que o preceptivo é o cumprimento da normativa asinada entre Xerencia e representación das traballadoras e traballadores, reclamamos da Universidade que se levase a efecto do xeito que representase os menos danos posibles para as persoas afectadas.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Sabiamos, tamén, e así llo fixemos saber no seu momento á xerencia, que a decisión que tomaba prorrogando as comisións de servizo repercutían negativamente nas expectativas de traballadoras e traballadores que estaban á espera da súa finalización para poder optar a algún deses postos (xa se presentou unha reclamación por escrito á Xerencia e varias verbalmente ao presidente da xunta de persoal). Así mesmo, a situación creada con estas prórrogas representa, para outras funcionarias e funcionarios, un trato discriminatorio ao ver que a súa comisión de servizo non se prorroga da mesma maneira.
 
O número de traballadoras e traballadores que se deberían “mover” tampouco se considerou determinante para adoptar unha medida diferente pois, noutras ocasións, tomáronse decisións deste tipo que afectaban a máis persoas. Iso si, esta circunstancia xunto coa situación de que, varios/as dos/das afectados/as tivese que desprazarse de localidade fixo que a alternativa que se lle sinalou á Xerencia consistira en que, antes de rematar o prazo de finalización das comisións, se fixese a convocatoria das novas, as peticións presentadas terían efecto o día 8 de xaneiro, nese prazo realizaríase a asignación, posibilitándose a toma de posesión da nova comisión no prazo menor posible. Esta opción respectaría a normativa en vigor e tería as menos repercusións negativas posibles para todos/as.
 
Lonxe de ter en conta esta alternativa a Xerencia enrocouse nunha posición que a Xunta de Persoal, polos motivos sinalados, non pode consentir.
 
O mércores, día 20, despois de discutilo na reunión da Xunta de Persoal, pediuse a presenza do Reitor na reunión para requirirlle, entre outras cousas,  que deixe sen efecto as resolucións da Xerencia que non se axusten á normativa de Comisión de Servizos, restituíndo a legalidade no comportamento institucional a todos os efectos. A Xunta de Persoal acordou agardar un tempo prudencial esperando que se resolva a situación, caso contrario adoptaremos as medidas que consideremos oportunas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript