Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 300 - 25/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  ECONOMÍA
 

A débeda pública española alcanza novo máximo e roza o 100% do PIB

A débeda pública española aumentou o pasado mes de novembro en 11.102 millóns de euros, o que a sitúa en 1,067 billóns de euros, segundo novo informe do Banco de España

 

  • Noticias relacionadas

 

A débeda representa xa case o 99,8 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) por encima do obxectivo para todo o ano, que era do 98,7 por cento, segundo o dato publicado este venres polo Banco de España.
 
Desta forma, o endebedamento das administracións públicas sobe en novembro despois de baixar en outubro e rexistra o terceiro maior crecemento do ano, tras os repuntes de setembro (13.293 millóns de euros) e xuño (12.425 millóns de euros).

Desde o inicio da crise económica en España en 2008, a débeda de todas as administracións públicas non deixou de crecer e así o fixo tamén en 2015, pero as estimacións do Goberno é que empece a reducirse a partir de 2016.
 
Segundo o Ministerio de Economía, o volume actual de débeda prodúcese polo elevado déficit herdado, os mecanismos de axuda ás comunidades autónomas, a recapitalización do sector financeiro e a contribución española aos programas de rescate de Irlanda, Portugal e Grecia.
 
HispanTV
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript