Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 300 - 25/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  A GUERRA DO LEITE
 

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo inicia un boicot contra Lactalis

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo de Galicia acordou iniciar un boicot contra os produtos de Lactalis tras manter, o día 21, unha reunión coa industria que se pechou sen ningún avance. Lactalis negouse a subir o prezo do leite na granxa, segundo a Plataforma, polo que os gandeiros decidiron iniciar unha campaña de boicot contra o fabricante de marcas como President ou Lauki.

 

  • Noticias relacionadas

 

Desde a Plataforma sinalan que dispoñen das certificacións que acreditan que cadeas da distribución como Carrefour e Alcampo subíronlle 2 céntimos nos pagos a Lactalis polo leite de marca branca, polo que consideran que alomenos esa cantidade debería repercutir sobre os produtores.
 
Diferentes actitudes
Lactalis ofreceu unha suba a partir de abril, cando rematen os actuais contratos asinados cos gandeiros, pero a Plataforma considera que apelar ós contratos asinados é unha excusa, sobre todo cando outra industria, como Celta, si aplicou este mes un complemento de 0,5 céntimos nos contratos en vigor.
 
As medidas de presión acordadas pola Plataforma comezarán cun chamamento ós consumidores a boicotear os produtos de Lactalis e planéase un endurecemento progresivo das protestas. Os gandeiros barallan o bloqueo das plantas de Lactalis en Galicia (Vilalba e Lugo) e accións contra os produtos da marca nos lineais dos supermercados. As asembleas de gandeiros que se manterán mañá en distintos puntos de Galicia marcarán o camiño a seguir polos produtores.
 
Para hoxe estaba previsto tamén un encontro entre Leche Celta e a Plataforma, que se pospuxo a última hora por motivos de axenda. Para a próxima semana, agárdanse reunións tamén con outras industrias.
 
Campo galego 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript