Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 300 - 25/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS RECORTES
 

A Comisión Europea insiste en que España debe aplicar novos recortes sociais

Bruxelas segue metendo présa a España para adoptar novos recortes sociais. Nunha entrevista a Bloomberg no marco do Foro Económico Mundial que se celebra estes días na cidade suíza de Davos, o comisario europeo de Asuntos Económicos e Financeiros, Pierre Moscovici insistiu na necesidade de que a economía española adopte “axustes adicionais”

 

  • Noticias relacionadas

 

“Hai que comparar as súas cifras coas nosas e cremos, de feito estamos convencidos, que aínda hai unha brecha e que poderían ser necesarias medidas adicionais”, apuntou Moscovici ao prestixioso medio económico.
 
Para analizar os axustes que se esixirán a España, o comisario quere esperar a ter os datos definitivos de Eurostat na man, polo que a data que o francés manexa para abordar a cuestión é a próxima primavera.
 
Moscovici aplaudiu o desempeño da economía española “en termos de crecemento”, con todo, puxo pegas ás finanzas públicas, sobre as que subliñou que tamén “hai que cumprir as normas”.
 
Neste sentido, subliñou a necesidade de atopar “unha solución” á situación política, pois o Goberno actual en funcións “non ten a lexitimidade para presentar un novo orzamento”.
 
EB
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript