Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 300 - 25/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
 

Concentración denuncia dos asasinatos politicos de activistas kurdas

O día 21 concentrámonos, diante do consulado Turko na Coruña, como se fixo tamén en moitas cidades do mundo, convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres para manifestar a nosa solidariedade coas mulleres kurdas e o seu pobo.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esiximos:
 
- O fin da impunidade dos responsábeis
- O fin dos asasinatos de activistas políticas, defensores de dereitos humanos e xornalistas
- O fin do recoller obrigatorio nas cidades kurdas  
- O retiro das forzas militares e paramilitares das cidades kurdas
- Declarar o cesamento do fogo e renovar as negociacións de paz
- Acabar co abuso, insultos e malos-tratos das persoas e en especial das mulleres
 
MANIFESTO DENUNCIA DOS ASASINATOS POLITICOS DE ACTIVISTAS KURDAS
 
O 8 de xaneiro de 2016 realizouse o funeral de tres loitadoras e compañeiras, Pakize Nayir, Fatma Uyar e Seve Demir, asasinadas polas forzas de seguridade do goberno turco o 4 de xaneiro en Silopi.
 
Nós, a Marcha Mundial das Mulleres, sentímonos especialmente golpeadas por este crime. Unha delas, Séve Demir, coordinou os eventos de lanzamento dá 4ª acción internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin.
 
No 2015, as crises e os conflitos armados non nos impediron organizar a 4ª acc1on internacional en todas as partes do mundo, mesmo en lugares de conflito armado, no campo, nas periferias, nas montañas,en todos os lugares onde hai mulleres en resistencia.
 
A Caravana feminista, expresión desa 4ª Acción Internacional europea foi lanzada no territorio kurdo, estivemos no interior da Turquía para apoiar e reforzar ás mulleres kurdas na súa loita pola autonomía e autodeterminación sobre os seus carpos e os seus territorios. Tamén dando visibilidade ás alternativas construídas pola resistencia das mulleres ao sistema capitalista, colonial e patriarcal.
 
Nos días 6 e 7 de marzo do 2015 miles de mulleres da rexión de ambos os lados da fronteira entre Turquía e Siria xuntáronse para participar nun foro de debates, actividades culturais, manifestacións como parte da actividade de despregamento da 4ª acción en Nusaybin, cidade dividida pola fronteira . As mulleres que xogan un importante rol na construción dunha nova sociedade compartiron as súas experiencias inspiradoras sobre a autodefensa das comunidades locais.
 
Desgraciadamente, o conflito entre o goberno turco e o pobo kurdo reavivouse debido ao fracaso das conversacións de paz tralas eleccións xerais turcas en xuño de 2015. Nesta situación prodúcese a morte de centenares de civís,a maioría mulleres, nenas e nenos, de centenares de feridos e miles de persoas encarceradas.
 
As asembleas populares municipais kurdas declararon a autodefensa como resposta á violencia da policía estatal nas cidades do territorio kurdo. Foron encarcerados 17 alcaldes dos gobernos populares, incluída Sara Kaya, que nos recibiu coa 41! acción internacional en Nusaybin.
 
As cidades que declararon o autogoberno están a ser atacadas,impuxéronlles un toque de queda que implica o corte de electricidade, auga e comunicación. Calquera persoa que estea na rúa, non importa que sexa criatura, persoa maior, muller embarazada ou enferma, son asasinadas por francotiradores. As persoas son feridas non poden buscar atención médica. Non poden sepultar os seus mortos. O toque de queda deixa as persoas secuestradas nas súas casas por semanas enteiras sen ter o que comer, isto agrava a situación de salubridade da xente. Nesta situación houbo un grande aumento dos abortos espontáneos . En Nusaybin o toque de queda foi decretado sete veces e o último, decretado no 14 de decembro segue en vigor.
 
Foi nesta situación na que as tres compañeiras, activistas kurdas foron asasinadas palas forzas de seguridade o pasado 4 de xaneiro en Silopi.
 
É por todo isto que denunciamos este asasinato político e esiximos:
·O fin da impunidade e que os responsables respondan polo seu crime ante a xustiza.
·O fin dos asasinatos de activistas políticos, defensoras de dereitos humanos e xornalistas.
·O fin do toque de queda militar en cidades kurdas.
·O retiro das forzas militares e paramilitares das cidades kurdas.
·Declarar o cesamento do fago e renovar as conversacións de paz.
·Deter o abuso, insultos e malos tratos ás persoas e en especial ás mulleres.
Estaremos en marcha ata que todas sexamos libres!
JIN JIYAN AZADI! (Nota: Significa muller vida e liberdade en kurdo)
 
NAYIR, UYAR, DEMIR, A LOITA CONTINÚA!
REBELIÓN, AUTODEFENSA, CONTRA A SÚA – VIOLENCIA
O TERRORISMO- INSTITUCIONAL- ASASI NA MULLERES -NO KURDISTAN!
MEMORIA, MEMORIA, MEMORIA QUE CAMIÑA,0 POBO KURDO - REQUIRE XUSTIZA! NON ERAN TERRORISTAS, ERAN FEMINISTAS!
UN POBO SEN MEMORIA, REPITE A MESMA HISTORIA! TURQUÍA ASASI NA, KURDISTÁN VENCERÁ!
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript