NÚMERO 301 - 01/02/2016
CUTUDC / Novidades
2016 vai ser ano de eleccións autonómicas na Galiza. O goberno de Feijóo comeza a campaña enchendo o DOG de convocatorias: cheque bebé, ticket eléctrico, cambio de fiestras... Unha bocallada de medidas coas que o goberno quere agochar a perda de dereitos sufrida nestes anos.
Así o 30 de decembro
publícase no DOG o programa do Bono de Alugueiro
Social. Lonxe de garantir o dereito a unha
vivenda digna para todas, a Xunta ofrece uns
cartiños para unhas poucas das máis
empobrecidas.
Así o explica a propia administración autonómica o
obxecto desta convocatoria: "A Xunta de Galicia
dispón dun conxunto de medidas orientadas a atender
ás situacións dos colectivos máis desfavorecidos,
de forma especial para os que perden a súa vivenda
por mor de execucións hipotecarias ou
desafiuzamentos por falta de pagamento das rendas
do aluguer. Entre estas medidas está o programa do
Bono de Alugueiro Social, cuxa convocatoria para o
ano 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia do
30 de decembro".
As axudas deste programa "destínanse a atender
con carácter urxente ás unidades de convivencia
afectadas por un procedemento de desafiuzamento por
falta de pago das rendas da súa vivenda habitual,
posibilitando o acceso a un novo contrato de
aluguer ou, incluso, evitando o propio lanzamento
da vivenda, así como a outros colectivos que
precisan dunha axuda para facer fronte ao pagamento
das rendas do aluguer".
Achegamos un pequeno resumo que fixemos que deixa
de manifesto a restritividade destas axudas:
Beneficiarias:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript