NÚMERO 301- 01/02/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Maldita
vida
O peor
sempre sucede, as leis de Murphy lévanse a efecto día a día.
O día 3 de decembro votamos ao novo reitor, moitos decidimos
pensando non nas boas condicións do sr. Abalde para exercer
o cargo, foi determinante para optar pola súa candidatura o
medo a que gañara a candidatura da oposición, non por que
coñeceramos a Daniel Pena, senón porque pensabamos que
“perigaban” os acordos acadados con este equipo. Intuíamos,
ao mesmo tempo, que, de gañar a candidatura da “dereita”
perigaban os regulamentos e normativas que custara tanto
acadar primeiro con Barja, despois con Armesto. Pero como
todo o que pode saír mal, sae mal, o equipo que se postulaba
como defensor da regulamentación nas relacións cos
traballadores, incumpre coa prórroga das comisións de
servizo o que eles mesmos asinaran. Quédanos a cara de
tontos porque realmente nos tomaron o pelo... unha vez máis.
Inocentes
O 23 de
decembro o xerente decidiu adiantar o día dos inocentes
(habitualmente celebrada o día 28) remitindo ao persoal
afectado (non se colgou na páxina da universidade) a
resolución pola que prorrogaba as comisións de servizo do
persoal funcionarizado. Con esta decisión como con case
todas as decisións que se toman desde postos como o do
xerente favorécense os intereses dun número moi limitado de
traballadores e dáselle unha patada ao resto e, de paso, á
Resolución da Xerencia 1/2014, do 9 de xullo de 2014, pola
que se ditan instrucións para a cobertura temporal de postos
de traballo de PAS funcionario en comisións de servizos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript