Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 301 - 01/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  CUT
 

Secretariado da CUT impulsa celebración dunha Conferencia Nacional

O Secretariado Nacional da CUT celebrou este mes unha sesión onde se analizou a evolución anual do propio sindicato en termos de "crecemento moderado" mais de "implantación en empresas e sectores de importancia como a CRTVG, Citroën, a Administracion de Xustiza, Benestar..." que contrastan cun problema transversal "a perda de capacidade económica das traballadoras e traballadores e a súa renuncia á afiliación sindical" e os propios problemas da central sindical para comunicar os seus propios éxitos e visbilizarse.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tamén outros problemas como a dinámica de participación dos propios delegados e delegadas, e a necesidade de afrontar unha reformulación do modelo sindical tiveron presenza no debate.
 
No encontro valorouse positivamente a celebración do Econtro Sindicalismo e Movementos Sociais, así como as mobilizacións contra a guerra que se lanzaron dende ese espazo de intervención e coordenación.
 
Entre outras tarefas de organización das áreas de traballo e secretarías, o Secretariado Nacional abordou nesta xuntanza a decisión de convocar unha Xuntanza Nacional de Delegados e Delegadas para o vindeiro 2 de marzo camiño da celebración durante o mes de abril da nosa Conferencia Nacional que transcorrerá centrada no redeseño do modelo sindical da nosa central.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript