NÚMERO 301 - 01/02/2016
CUTUDC / Novidades
Despois da toma de posesión de Julio Abalde, o pasado día 27 realizouse o primeiro Consello de Goberno presidido polo novo reitor e co equipo que saíu das eleccións realizadas o día 3 de decembro.
O reitor
informa do cese d@s
anteriores adxunt@s e dos novos nomeamentos.
Informa de que se asinou o Plan de Financiamento
que sinalou non garante a eficiencia das
institucións.
Sobre os problemas de saúde no edificio de
Socioloxía-CC da Comunicación indicou que no mes de
setembro recibiron unha comunicación na que os
decanos das dúas facultades sinalaban a situación
do centro. Subliñou que se esta a levar a efecto o
protocolo epidemiolóxico, de control da saúde e
situación sanitaria elaborado polo Servizo de
Prevención. Indicou, tamén, que non hai evidencia
de que se produza unha situación de perigo para a
saúde tanto do PDI como do PAS e alumnado.
Manifesta que o protocolo está a desenvolverse con
transparencia.
Pola súa parte o xerente informa da prórroga
dos orzamentos, de que xa se coñecen os importes do
Plan de Financiamento e da publicación no DOG da
RPT do PAS.
Na quenda aberta de intervencións
- Os alumnos protestan por ter que
coñecer pola prensa a situación do centro que
acolle ás facultades de Socioloxía e Ciencias da
Comunicación.
Xosé Portela
pon de manifesto o temor do
PAS do centro de Socioloxía-CC da Comunicación, un
temor que xa se comunicou hai tempo
á institución e que agora
aparece nos medios de comunicación, sinala que a avaliación que se
está a realizar, na que participa o Persoal de
Administración e Servizos, de momento, só se
fixeron entrevistas persoais o que incide aínda
máis no temor manifestado pois agardábase un estudo
máis completo. Como o reitor sinalou no seu
informe a existencia dun protocolo de actuación
solicita que se lle transmita á Xunta de Persoal
para que a representación das traballadoras e
traballadores teña constancia das actuacións que se
van a realizar.
Integración do Instituto de Ciencias da Saúde no
INIBIC. Despois da decisión adoptada no anterior
Consello de Goberno solicita que se lle informe dos
pasos que se van a dar, cando se van a
producir e que se
teña en conta no procedemento á representación das
traballadoras e traballadores.
Temos coñecemento de que a Universidade, por
incumprimento de sentenza xudicial, ten que
indemnizar, de novo, a algún traballador/a dos antigos
contratados tipo Labora e que actualmente,
por sentenza xudicial, teñen
contratos indefinidos. É certo?, e, de ser
verídico, a canto ascende esa indemnización?.
Sobre o centro que comparten Socioloxía e
Ciencias da Comunicación o reitor sinala
que é un tema complicado, segundo o seu parecer se
está alarmando innecesariamente, actualmente non
hai ningún dato que confirme que poida haber
algunha perigrosidade no centro.
Ante a inquedanza do centro elaborouse un protocolo
que abrangue:
Enquisas epidemiolóxicas
Análises da saúde
Análises ambientais
Informouse do procedemento aos decanos dos centros
que son os que teñen que transmitir a información
ao resto das respectivas comunidades.
Non hai ningunha análise que confirme que o centro
ten unha situación de risco no referente á saúde
das persoas que o ocupan.
A información debe darse coa suficiente
responsabilidade para non xerar alarma porque non
hai ningún dato polo que poida considerarse que
este centro está nunha situación diferente á dos
demais centros da Universidade.
O protocolo transmitirase á Xunta de Persoal.
A integración do Instituto de Ciencias da Saúde no
INIBIC é un proceso longo do que se informará á
Xunta de Persoal.
Despois do reitor interveu o xerente
que sinalou ao respecto desta integración que,
proximamente se iniciará coa Xunta de Persoal a
negociación da modificación da RPT na que se
tratará deste asunto.
Sobre a circunstancia dos traballadores e
traballadoras que teñen contratos indefinidos-non
fixos por sentenza xudicial transmitirá información
á Xunta de Persoal pois proximamente haberá unha
vista xudicial.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript