Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 301 - 01/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  A CORRUPCIÓN PÁGAA A CIDADANÍA
 

A corrupción do PP valenciano levou a miles de escolares a ter que estudar en barracóns

A Operación Taula, a macrorredada contra a corrupción do PP en Valencia iniciada esta semana, obrigou a miles de escolares a recibir clases en barracóns tras o saqueo de máis de mil millóns de euros que deberían empregarse na construción de colexios e institutos e que acabaron en mans da trama corrupta dirixida, ao parecer, polo dirixente popular Alfonso Rus.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Trátase do espolio de diñeiro público rexistrado durante anos na construción duns 200 colexios e institutos na Comunidade Valenciana. Unha auténtica estafa institucional que foi cifrada en máis de mil millóns de euros en sobrecustos pagados por Ciegsa, a empresa pública creada no ano 2000 para a construción de colexios públicos.
 
A Garda Civil irrompeu o martes na sede desta empresa e fíxose con todos os correos electrónicos, tanto corporativos como particulares, de Máximo Caturla, quen foi xerente entre 2004 e 2007 e un dos detido na redada do martes.
 
A denuncia que Esquerra Unida levou ao fiscal e que deu orixe ao caso Imelsa, xerme da trama de corrupción investigada, contiña gravacións a Caturla durante a súa etapa en Ciegsa nas que se falaba da súa presunta participación nas mordidas.
 
A Consellaría de Educación deu a coñecer recentemente un informe elaborado pola Intervención da Generalitat que sería a proba deste saqueo. En cifras, a Intervención conclúe que Ciegsa pagou o metro cadrado dos colexios coma se fosen vivendas: a 912 euros fronte aos 670 euros que debían custar. E de aí o mil millóns en sobrecustos.
 
Un malgasto de diñeiro que, en palabras dos novos dirixentes o goberno valenciano, minguou gravemente a posibilidade de construír máis colexios e acabar cos eternos barracóns que durante anos estiveron no foco das críticas da comunidade educativa.
 
A Generalitat gastou 92 millóns de euros en aulas prefabricadas desde 2001. Nestes barracóns, que deberían ser provisionais, eternizáronse durante anos e miles de escolares da Comunidade Valenciana vense obrigados a estudar neles á espera duns colexios que nunca chegan.
 
El Ventano
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript