NÚMERO 301 - 01/02/2016
CUTUDC / Novidades
Co plan de pago a provedores de Montoro sáldase, no ano 2012, a práctica totalidade da enorme débeda sanitaria que as CCAA acumularan nos primeiros anos da crise económica, que só en tecnoloxía sanitaria e medicamentos hospitalarios ascendía a 11.600 millóns de euros.
A este plan non se suman
o País Vasco nin Navarra, cunha débeda
relativamente escasa (88 millóns e 25 millóns
respectivamente), nin tampouco Galicia, malia unha
avultada débeda sanitaria de 458 M de euros,
seguramente porque Feijóo quixo evitar o
conseguinte control do Ministerio de Facenda sobre
a Xunta.
De novo as facturas das CCAA volven acumularse, e
requiren novos desembolsos estatais, debido a que
as empresas sanitarias son "un saco sen fondo".
Así, entre Xaneiro e Outubro de 2015 orixínase unha
débeda que roza os 8.000 millóns de euros, a un
ritmo mensual de 763.
Nese período a Xunta acumula unha débeda sanitaria
de 368 millóns de euros, aos que haberá que sumar
os máis de 500 de débeda anterior e os compromisos
anuais das súas innecesarias e desastrosas
privatizacións (72millóns/ano do canon do hospital
de Vigo, 75 millóns/ano do concerto con Povisa e as
custosas externalizacións de servizos sanitarios e
non sanitarios).
A avultada débeda farmacéutica e tecnolóxica xerada
en 2015 é especialmente preocupante, xa que
reflicte o control da industria sobre as decisións
do sistema sanitario.
A cesión da xestión da investigación pública do
Sergas á industria farmacéutica e da xestión da
alta tecnoloxía ás multinacionais tecnolóxicas,
unido á rápida e continuada aprobación de fármacos
a prezos cada vez máis estrambóticos para o mesmo
proceso, incrementarán aínda máis a débeda
sanitaria, o que levará a un círculo vicioso de
novos recortes e privatizacións e á
insostenibilidade do SNS.
Cada día é máis evidente a necesidade dun cambio de
rumbo na política sanitaria e no goberno de Galicia
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade
Pública
22 de xaneiro do 2016
--
Foto de
Avantar, baixo unha
licenza de Creative Commons. Rolda de prensa
d@s representantes da Asociación Galega para a
Defensa da Sanidade Pública e de SOS Sanidade
Pública, despois de remitir por correo á Comisión
Europea a denuncia contra o proceso de licitación
do Hospital de Vigo por presunto incumprimento do
Dereito Comunitario do Reino de España na persoa do
Goberno da Xunta de Galicia (02.09.2015).
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com
Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
22 de janeiro de 2016 18:00
Recollido de Ártabra 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript