NÚMERO 301 - 01/02/2016
CUTUDC / Novidades
Por moito que o PP se gabe do alto índice de emprego creado durante o ano pasado o certo é que o número de desempregad@s é tan alto e o traballo creado é tan ínfima calidade que as cotizacións d@s traballador@s en activo non chega para pagar as pensións da Seguridade Social.
O Goberno sacou o ano pasado do
Fondo de Reserva da Seguridade Social un total de
13.250 millóns de euros para pagar as pensións ante
a insuficiencia de liquidez coa que se atopou en
momentos puntuais, como o abono das pagas
extraordinarias, segundo un informe que a ministra
de Emprego, Fátima Báñez, levou este venres ao
Consello de Ministros.
En concreto, o Goberno dispuxo o pasado mes de
xullo de 3.750 millóns de euros procedentes do
Fondo, así como doutros 9.500 millóns de euros en
decembro, distribuídos en dúas partidas, unha por
importe de 7.750 millóns de euros e outra de 1.750
millóns de euros.
A peche do exercicio de 2015, a contía total da
chamada ‘hucha das pensións’ alcanzaba os 32.481,31
millóns de euros, o equivalente ao 3,12% do Produto
Interior Bruto (PIB). A valor de mercado, as
reservas que acumula o Fondo supoñen 35.035 millóns
de euros.
Segundo Emprego, os investimentos do Fondo de
Reserva en activos continúan xerando rendementos
para afrontar o pago mensual normal da nómina das
pensións.
Durante 2015, os rendementos netos xerados polo
Fondo ascenderon a 3.993,39 millóns de euros, cunha
rendibilidade de ingresos desde o ano 2000 de
26.095,12 millóns de euros.
O Fondo de Reserva da Seguridade Social creouse no
ano 2000 co obxectivo de constituír reservas que
permitan atenuar os efectos dos ciclos económicos
baixos e garantir o equilibrio financeiro do
sistema de pensións.
O Fondo conta cun Comité de Xestión que determina
os activos nos que investir en función dos
criterios de investimento establecidos legalmente,
os informes técnicos correspondentes e as
condicións que presentan os mercados.
Este Comité está presidido polo secretario de
Estado de Seguridade Social e conta con dous
vicepresidentes: o secretario de Estado de Economía
e Competitividade e o secretario de Estado de
Orzamentos e Gastos.
Ademais, existe unha Comisión de Seguimento do
Fondo de Reserva con participación dos axentes
sociais, organizacións empresariais e sindicais e
que coñece periodicamente a evolución e composición
do Fondo de Reserva da Seguridade Social.
Nesta Comisión infórmase de todas as decisións de
xestión adoptadas polo Comité, así como da
situación do Fondo con detalle do seu importe,
composición en liquidez e en débeda pública, e
rendibilidade dos investimentos.
Con carácter anual, o Goberno eleva ás Cortes un
informe sobre a evolución e composición do Fondo de
Reserva que se publica na páxina web da Seguridade
Social.
Axencias
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript