NÚMERO 301 - 01/02/2016
CUTUDC / Novidades
O 17 de marzo de 2012 Javier, militante do Grupo de Migración e Convivencia da Asemblea Popular de Lavapiés e do Sindicato de Ensino de CNT, foi detido en Lavapiés cando gravaba unha redada racista. Agora enfróntase a dous anos de cárcere por supostos delitos de resistencia e atentado á autoridade, e ao pago de 7.500 euros en concepto de responsabilidade civil.
“Eu saía cuns amigos dun local da rúa Mesón de Paredes cando, de súpeto, vin un helicóptero voando a pouca distancia da miña cabeza e un grupo numeroso de persoas gritando […] á altura da praza da Corrala. Apertei o paso e atopei polo menos unha ducia de coches patrulla da Policía Nacional que baixaban lentamente pola rúa Mesón de Paredes. Enseguida vin que as persoas que gritaban, unhas 50 ou 60, eran na súa maioría membros da asemblea do meu barrio, e que a súa consigna era ‘Ningún ser humano é ilegal'”, explica Javier nunha entrevista publicada unha semana despois dos feitos polo Grupo de Migración e Convivencia da Asemblea de Lavapiés.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript