Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 301 - 01/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Socioloxía-CC Comunicación. As declaracións do reitor

Nunha rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Goberno o reitor sinalou que a situación denunciada pola comunidade universitaria do centro podía atribuírse á casualidade e á idade do persoal afectado. Cando a avaliación da situación acaba de comezar, sinalar esa posible conclusión é, como mínimo, unha temeridade.

 

  • Noticias relacionadas

 

Entendemos que se difunda unha mensaxe de tranquilidade. Que mentres non se saquen as conclusións dos estudos que se están a realizar se intente sosegar os ánimos tanto de traballadores (PAS e PDI) como do estudantado, pero de aí a que, neste momento do proceso de avaliación da situación, con tan pouca base, se adianten hipotéticas conclusións é improcedente.
 
Diante dunhas declaracións que, polo que parece, o reitor entende que magnifican a situación creando unha alarma inxustificada, non se pode reaccionar deste xeito
 
Como sinalamos no Consello de Goberno os traballadores/as do centro están preocupados/as pola súa saúde. Nós tamén o estamos e, despois de ler as declaracións do reitor, aínda máis. Reclamamos á Institución a seriedade e a actuación responsable que este asunto require. Que se fagan as avaliacións pertinentes tanto ás persoas como ao medio no que se empraza o centro e que todo o procedemento se realice coa axilidade que a situación require. Despois xa virán as conclusións.
 
A noticia nos medios de comunicación
 
La Voz de Galicia
La Opinión Coruña
El Ideal Gallego

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript