Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 303 - 22/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE VIGO
 

O persoal funcionario non acepta a proposta de RPT presentada pola Xerencia

O presidente da Xunta de Persoal Funcionario da Universidade de Vigo, Xan Cebro, ven de realizar unhas declaracións públicas nas que rexeita a proposta de RPT presentada pola Reitoría porque, entre outras cousas, "supón a rescisión de máis de 50 contratos" nos tres campus o que "empeorará totalmente" a calidade e xestión dos servizos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nas declaracións realizadas, o presidente da Xunta de Persoal sinala que a situación de Ourense é "claramente discriminatoria" respecto ao resto, xa que a actual proposta "obrigará aos traballadores que xa teñen praza a concursar co risco de obter o posto noutro campus".
 
Non descarta chegar ás mobilizacións se non se reconduce a situación.
 
Proporcionado pol@s compañeir@s da UVigo:
 
Proposta de RPT presentada pola Xerencia o 22/12/2015
 
Acta da reunión da Comisión Negociadora do 22/12/2015
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript