Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 303- 22/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Vergoña
Ao mellor non vos chega directamente porque estas cousas custa dicilas á cara pero o comportamento da Xunta de Persoal no que se refire á defensa dos pactos coa universidade desconcerta e, en moitos casos cabrea, ao persoal. A Xerencia incumpre a normativa de comisións de servizo e non vai pasar nada?. Se con este tema non se actúa quedará claro para os que nos gobernan que poden facer o que lles dea a gana porque baixaremos a cabeza.

A denuncia pública unha resposta insuficiente
Falabades de que, para responder á ampliación das comisións de servizo do persoal funcionarizado, a Xunta de PAS decidira facer unha denuncia pública do incumprimento, a min paréceme insuficiente, primeiro, para os medios de comunicación pode representar un incumprimento menor que non merece reseñar, pode ser tamén, que os contactos da universidade impidan que se divulgue. Penso que o xeito de actuar debería ser a denuncia xudicial porque, aínda que a sentenza sexa posterior ao concurso  queda como un antecedente e evitaría que se a Xerencia tivese a intención de volver a cometer esta irregularidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript