Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 303 - 22/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  A POLÍTICA DOS CRÉDITOS PARA ESTUDAR
 

Comeza en Estados Unidos a "cacería" de estudantes hipotecados (vídeo)

No discurso político de calquera dos líderes das autodenominadas "democracias occidentais" o tema da educación aparece invariablemente como unha ineludible “prioridade”. Para Barack Obama, por exemplo, a educación foi un dos grandes cabalos de batalla da súa estratexia de propaganda política de fronte ao electorado estadounidense.

 

  • Noticias relacionadas

 

       "A educación superior para mozas e traballadores –declarou o presidente norteamericano- é o máis importante para superar a crise económica".
 
        Con todo, a realidade dista moito deste discurso. A educación non é en absoluto unha prioridade para a Administración de Obama, a pesar de que os problemas relacionados coa mesma pasan os límites das institucións académicas e  ameazan  a estabilidade económica do país.
 
        E é que para a maioría dos mozos estadounidenses acceder aos estudos superiores implica hipotecar o seu futuro desde a idade máis temperá. No país das grandes universidades, preto de 40 millóns de estadounidenses teñen préstamos estudantís. A actual xeración de estudantes converteuse na máis endebedada da historia, cun nivel total  de débeda que ascende a 1,3 billóns de dólares.
 
     Pero non están endebedados soamente miles de graduados polos seus anos de capacitación, tamén o están outros moitos que se viron obrigados a deixar as súas carreiras antes de tempo para poñerse a traballar. Contra todos eles xa comezou a actuar a "xustiza" estadounidense.
 
       A semana pasada en Texas, alguacis de Estados Unidos arrestaban a Paul Aker por non pagar un vello préstamo estudantil federal do que nin sequera tiña constancia.
 
      Aker, un residente da cidade de Houston relatou á canle de televisión Fox 26 como sete alguacis armados chegaron á súa casa, arrestárono e encarcerárono polo que inicialmente era unha débeda por un préstamo estudantil de 1.500 dólares, contraída en 1987..
 
      “Leváronme ao tribunal federal, –explica Aker- onde me colocaron nunha cela de dous por dous durante unha hora. Unha hora máis tarde, leváronme ante un xuíz, rodeado por sete funcionarios”.
 
    Segundo relata Aker, non podía crerse o que lle estaba sucedendo.
 
    “Estaba ante un tribunal sen que me lesen os meus dereitos, sen un avogado e sen saber  que debía 1.500 dólares. Simplemente non podía crelo”, concluíu.
 
       Aínda que este é o único caso deste tipo que transcendeu, a "cacería" contra os estudantes endebedados xa comezou.
 
 
VIDEO
 

 


Canarias Semanal

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript