Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 303 - 22/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  MULTITUDINARIAS MANIFESTACIÓNS EN ATENAS
 

Campesiños e obreiros gregos unidos contra as políticas antipopulares de syriza (vídeos)

Miles de campesiños alagaron o venres e o sábado 12 e 13 de febreiro o centro de Atenas, fóra do parlamento. Os campesiños, levando a cabo unha loita de supervivencia económica por máis de 20 días e noites, bloquearon ao redor de 100 puntos das estradas nacionais. Previo chamamento de 68 asembleas de bloqueo decidiuse unha manifestación panhelénica de todos os campesiños na praza Sintagma en Atenas.

 

  • Noticias relacionadas

 

     A manifestación decidiuse como paso seguinte na culminación da loita do campesiñado pequeno e mediano, no mítin que tivo lugar hai unha semana en Nikea de Larisa, onde se deu tamén a dirección de que os bloqueos  permanecesen e se reforzasen, que a súa acción en cada lugar se volvese máis profunda, que se rexeitase cada tentativa do goberno de montar un escenario  de diálogo para manipular a loita campesiña, sen derrogar ningunha das medidas que esmagan o campesiñado pequeno e mediano.
 
    Decenas de miles de campesiños, en buses e barcos chegaron a Atenas para se manifestar, mentres a xente concentrada recibiu con entusiasmo un número simbólico de 18 tractores que empezaron un día antes  desde o bloqueo máis grande do país, na estrada nacional, en Nikea (Larisa). Os 18 tractores, que chegaron tras 14 horas de viaxe, tiñan alzadas bandeiras coa cara de Mariños Antipas (1872-1907), revolucionario socialista, que foi asasinado polos terratenientes.
 
    Na concentración falaron representantes de moitos bloqueos e sindicatos obreiros.
 
   A manifestación de todos os campesiños que durou dous días, recibiu o apoio e a solidariedade dos traballadores e as demais capas populares. Coa súa participación, os sindicatos de clase, aglutinados na Fronte Militante de Todos os Traballadores (PAME), resaltaron a necesidade de fortalecer a loita común co campesiñado pequeno e mediano, fortalecer a alianza da clase obreira coas capas populares pobres do pobo e da cidade. O éxito da manifestación campesiña, en combinación coa exitosa folga xeral panhelénica do 4 de febreiro, crean mellores condicións de culminación da loita obreira-popular, coa esixencia de que o goberno retire  a lei-guillotina sobre a Seguridade Social.
 
   Tal como resaltaron os presidentes das asociacións campesiñas das rexións de Karditsa e de Larisa, os campesiños que loitan, despois da concentración en Atenas, regresarán aos seus bloqueos, onde decidirán as formas de continuación da súa loita en diante.
 
 
VIDEOS
 

 


 


Canarias Semanal

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript