Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 303 - 22/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  ECOLOXÍA
 

España, o país da Unión Europea que máis aumentou as emisións de CO2

As dez empresas máis contaminantes de España, con Endesa á cabeza, suman o 65% das emisións de CO2 de todo o país, unhas emisións que creceron polo menos un 4% o ano pasado debido principalmente ao aumento do uso do carbón na xeración de electricidade. Estes datos fan de España o país da Unión Europea que máis aumentou as emisións de dióxido de carbono, segundo un informe do Observatorio da Sustentabilidade.

 

  • Noticias relacionadas

Endesa concentra en solitario case un 10% de todas as emisións de CO2, e as súas cifras triplican as da segunda compañía máis contamina. O ranking complétano Gas Natural Fenosa, EDP España, Repsol, ArcelorMittal, Cepsa, Viesgo, Iberdrola, Cemex, Petronor (filial de Repsol) e Cementos Portland., que suman o 65%
 
Os datos demostran que a xestión do Goberno do PP foi nefasta na loita contra o cambio climático. O ano pasado, mentres boa parte dos países europeos conseguían mitigar o seu nivel de emisións contaminantes, España elevou nun 4% as súas emisións de CO2, segundo se recolle no Informe sobre Cambio climático en España, elaborado polo Observatorio da Sustentabilidade.
 
E iso que os datos son provisionais, e o Observatorio, unha entidade independente e sen ánimo de lucro integrada por ecólogos, enxeñeiros, economistas e xeógrafos, anticipa que o incremento das emisións contaminantes podería ser aínda maior e escalar un 5% ao peche de 2015.
 
Un incremento motivado moi fundamentalmente polo aumento da xeración eléctrica con carbón, que crece case un 20%; ao maior consumo de produtos petrolíferos, ao redor dun 2% máis; e ao estancamento do consumo de gas natural” nas centrais eléctricas de ciclo combinado, segundo o informe.
 
As cifras alcanzadas sitúan, outra vez, a España á cabeza da Unión Europea no incremento de emisións tomando como referencia os niveis de 1990, os utilizados polo Protocolo de Kioto. “España seguiu aumentando as súas emisións nunha tendencia iniciada xa no ano 2013, mentres a maioría dos países da nosa contorna diminuíronas considerablemente”, sostén o Observatorio da Sustentabilidade.
 
“Segundo datos de Eurostat, as emisións españolas no período 1990-2013 incrementáronse nun 11%, mentres que as emisións no conxunto da Europa dos Vinte e oito diminuíron nun 20,7% e da Europa do Quince, nun 16,3%. España é o país europeo que máis aumentou as súas emisións en valores absolutos: 29 millóns de toneladas”, apunta o informe.
 
Expertos e ecoloxistas relacionan directamente a evolución recente e a imposibilidade de alcanzar os compromisos para 2020 coa actual política de “desmantelamento e afundimento” das enerxías renovables que se desenvolveu na última lexislatura.
 
El Ventano

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript