Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 303 - 22/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  ADEGA
 

Manifestación nacional contra a Lei de Acuicultura do PP

O sábado 27 de febreiro dende a Alameda de Compostela até o Obradoiro, colectivos de mariscadores/as, confrarías, ecoloxistas sairemos á rúa en defensa do noso mar e pola retirada da Lei de Acuicultura do PP.

 

  • Noticias relacionadas

 

O anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galiza presentado pola Xunta do PP foi amplamente rexeitado polos colectivos do sector e acadou o rexeitamento unánime dos grupos ecoloxistas. Eis algunhas razóns:

  1. É unha Lei de filosofía neo-liberal, pensada para privatizar o mar, sen nengún tipo de restricións.
  2. Está pensada para a industria acuícola -peixes- e posiblemente negociada con eles (Stolt-Nielsen e Pescanova).
  3. Elaborouse de costas aos sectores produtivos, grupos ecoloxistas, científic@s,...
  4. O marco normativo pretende que compitan os sectores tradicionais coas multinacionais en base a criterios extrictamente económico-financieiros e tecnolóxicos, que son os criterios que explicita a Lei para outorgar unha concesión.
  5. Elimínase a necesidade dun informe previo de incidencia ambiental.
  6. Permítese a ubicación de plantas acuícolas en espazos naturais protexidos.
  7. Elimínase a posíbel intervención dos concellos, declarando a supramunicipalidade.
  8. Declárase de interese público polo que se poderá expropiar a franxa litoral que precisen as empresas.
  9. Vaise producir unha degradación ambiental do mar e dos ríos como consecuencia dos contaminantes (produtos químicos, farmacolóxicos e materia orgánica), do cruce coas especies silvestres, do posíbel escape de especies foráneas (invasoras, exóticas,...), etc.
 
ADEGA xunto coa FEG e outras asociacións ambientalistas apoiamos esta mobilización e estaremos presentes na Alameda de Compostela ás 11:30 con faixas reivindicativas.
 
EN DEFENSA DO MAR, NON Á LEI DE ACUICULTURA!
 
Ligazóns
A acuicultura industrial en Galiza

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript