Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 303 - 22/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Roupa de traballo

Varias traballadoras e traballadores puxéronse en contacto con nós para interesarse pola subministración da roupa de traballo do 2016. A estas compañeiras e compañeiros xa lles contestamos pola mesma vía que nos fixeron a consulta pero conscientes da importancia que para moit@s de vós ten, e diante da falta de comunicación institucional, facémola extensiva a todos e todas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Mediante a Resolución de Xerencia 2/2014 de xullo de 2014 sobre roupa de traballo do PAS funcionario regulouse o procedemento para a dotación do ano pasado. Como vos dixemos con anterioridade puxémonos en contacto co servizo para coñecer como se vai proceder este ano indicándosenos que, tal e como se sinala nesa resolución, en anos posteriores ao 2014 o proceso realizaríase segundo o procedemento que rexía ata esa data. Sinálasenos tamén que quen non presente a súa solicitude nos meses habilitados quedarán fóra do subministro.
 
A normativa que rexía ata esa data era a establecida no Convenio Colectivo que indicaba:
 
“Os/as traballadores/as deberán presentar a súa solicitude, para a subministración das pezas recollidas neste artigo, no servizo de persoal, preferentemente durante os meses de xaneiro e febreiro de cada ano.”
 
Folla de pedimento
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript