Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 303 - 22/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  ESTILO PP 100%
 

Xornalistas de TVE alertan dos intentos de silenciar as denuncias de manipulación

O Consello de Informativos de TVE difundiu un duro comunicado contra os intentos da dirección de coartar “a liberdade de expresión e a crítica” na redacción despois de que se expedientara a un compañeiro por unha “crítica lexítima” ao tratamento da información.

 

  • Noticias relacionadas

A mensaxe que lle atribúen ao xornalista Óscar González -escrito no sistema de comunicación interno da redacción (iNews)- dicía: “Unha sinxela regra de tres: A manipulación é corrupción. A dirección de informativos manipula. Ergo…”. A xuízo do Consello de Informativos, o expediente “político” aberto ao veterano profesional supón “un ataque que entra dentro da escalada de ameazas e actuacións dos actuais responsables de informativos para amedrentar e tratar de acalar as protestas da redacción”.
 
“Reivindicamos por tanto o dereito da redacción para usar o sistema de comunicación interno para exercer a crítica contra a manipulación, que non é senón “corrupción xornalística” segundo definición da RAE: ‘Corrupción: Nas organizacións, especialmente nas públicas, é a práctica consistente na utilización das funcións e medios daquelas en proveito, económico ou doutra índole, dos seus xestores’”, insiste o Consello.
 
Por último, o órgano que representa aos xornalistas da televisión pública “reclama á dirección que retire o proceso disciplinario” contra o xornalista porque “atenta contra o máis elemental dereito á liberdade de expresión”.
 
Axencias/Prensa

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript