Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 303 - 22/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES. A UCM EN VENDA?
 

As universidades públicas camiño da privatización

“A Universidade Complutense, a maior de España con case 80.000 alumnos, abre as súas portas aos grandes investidores.” Así comezaba o programa “Hoy por Hoy”, da Cadena SER o pasado día 5 de febreiro. O programa abordaba a noticia publicada no BOUCM (Boletín Oficial da Universidade Complutense de Madrid) que recollía o acordo do Consello de Goberno do 15 de decembro de 2015 polo que se aproba o Regulamento de creación de cátedras extraordinarias e outras formas de colaboración entre a Universidade Complutense de Madrid e as empresas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Co argumento de que "a necesaria reforma do financiamento das universidades públicas pasa pola diversificación dos fondos e o establecemento de novos modelos de financiamento (...) fundamentalmente privados". Sinalando tamén que "as cada vez máis escasas transferencias correntes e de capital que reciben das súas respectivas Comunidades Autónomas consecuencia da contención do gasto público derivada da actual crise económica" fixo que moitas universidades españolas puxeran en marcha programas de patrocinio e mecenado para obter "outras formas de ingresos que contribúan ao seu adecuado financiamento e consecución de obxectivos de interese xeral", créanse distintas "figuras colaborativas" segundo a achega económica: desde "patrocinadores estratéxicos", para quen faga achegas de máis dun millón de euros, ou "patrocinadores de honra", para os que colaboren con medio millón, a "entidade colaboradora", que serán aqueles que financien proxectos de entre 10.000 e 30.000 euros.
 
A cambio da súa achega as empresas poderán colaborar no deseño de programas de posgrao, crear títulos propios ou institutos universitarios. O regulamento tamén lembra que as empresas poderán ter exencións e beneficios fiscais derivados do seu labor de mecenado. Ademais prevé a posibilidade de que, no caso de que se xeren dereitos de explotación, a universidade poderá outorgar ás empresas todos os beneficios.
 
Para nós o Acordo supón unha modificación radical no modelo de funcionamento e financiamento da Universidade, de gravísimas consecuencias para a vida académica da mesma e para o exercicio da súa labor como administración pública. O modelo polo que opta a UCM conculca o principio de autonomía universitaria, entre outros principios básicos que ata agora rexeron na Universidade.
No canto de reivindicar que os poderes políticos acheguen á universidade pública o orzamento necesario para o seu funcionamento, asegurando un ensino universitario de calidade, o Consello de Goberno da UCM decide seguir camiñando, cada vez máis velocidade cara a privatización. De estenderse este modelo de financiamento suporía a desaparición da universidade pública
 
http://cadenaser.com/ser/2016/02/05/sociedad/1454664665_886918.html
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript