NÚMERO 307 - 21/03/2016
CUTUDC / Novidades
"Estades poñendo á traballadora no disparadeiro", "coidado porque neste sector coñecémonos todos e imos ter que explicar por que non queremos á traballadora". Estas ameazas intolerábeis facíallas á CUT Luís Barreiro, profesor na USC, cando fracasadas as “negociacións” para a readmisión dunha compañeira na empresa que preside lle advertimos de que chegaba o tempo da mobilización.
Esta mañá a CUT realizaba concentracións ás portas da Facultade de Traballo Social e da sede compostelá de Igaxes, para denunciar un novo caso de conculcación de dereitos laborais por parte desta entidade, coñecida no terceiro sector pola degradación das condicións laborais do seu persoal.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript