Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 307 - 21/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

A CUT inicia o estudo do ERE de Citroën para a súa impugnación xudicial

A agresión aos dereitos laborais na empresa Citroën non para. Desta volta un ERE-ERTE con afectación a máis de 400 persoas que está a ser sometido a estudo pola asesoría do sindicato para a súa impugnación xudicial, despois do acordo unánime da asemblea sección sindical da CUT.

 

  • Noticias relacionadas

 

Estas "medidas que non aportan nada positivo na mellora das condicións" aseveran un comunicado da CUT Citroën, sen que a empresa "adopte compomisos co emprego". Desta maneira a mercantil impón novas condicións laborais para 510 traballadores e traballadoras, contemplando modificacións temporais para 158 persoas e varias medidas de extinción de postos de emprego e flexibilidade laboral que están debulladas no documento que a sección sindical fixo público e que se pode consultar no seu blogue.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript