NÚMERO 307 - 21/03/2016
CUTUDC / Novidades
A corrupción é a base estrutural que sostén ao denominado Réxime do 78 que, con boa saúde, acolle aos recentemente chegados partidos de nova xeración. Susténtase esencialmente en esquecementos “e perdóns”, de antes e de hoxe. Para garantilo, as institucións do Estado creáronse para favorecer a corrupción a través das propias leis.
Como se adoita dicir, “a lexislación está feita para castigar ao "roubagaliñas", non aos corruptos”. E non son palabras. A prescrición, unha das institucións do Dereito Penal máis contraditorias e inmorais da “xustiza” nacional, e que máis garantías ofrece para a funcionalidade do sistema, volveu a demostrarnos esa verdade, que non ven ou esquecen quen se gaban dicindo: “Confío no estado de dereito”.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript