Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 307 - 21/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

A USC abrirá expediente disciplinario ao docente denunciado por realizar comentarios sexistas a unha alumna

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) abrirá expediente disciplinario ao profesor Luciano Méndez polos supostos comentarios sexistas que dirixiu a unha alumna durante unha clase na facultade de Económicas.O proceso iniciouse tras unha denuncia presentada por un grupo de alumnos testemuñas e por parte a afectada, a estudante María Fungueiro, que remitiron un escrito ao decanato da facultade criticando que o docente se dirixiu á alumna con comentarios sobre o seu escote, que "o distraía" para impartir a clase.

 

  • Noticias relacionadas

 

O caso pasou á Secretaría Xeral da universidade e ao pouco tempo decidiuse abrir un expediente informativo para iniciar unha investigación sobre os feitos denunciados, nomeando a unha docente instrutora do caso.
 
Durante o proceso, que estendeuse preto de catro semanas, recompilouse numerosa documentación e citouse ás diferentes partes para coñecer a súa versión do acontecido, a varios alumnos testemuñas e mesmo á decana da Facultade.
 
Segundo fontes consultadas por Europa Press, durante esta primeira fase concluíuse que había "elementos abondos para continuar o proceso", que pasa agora pola apertura deste expediente disciplinario e por determinar a sanción correspondente baseándose nas probas recompiladas e o informe elaborado pola instrutora.
 
Aínda que se descoñece o período que se pode prolongar esta nova instrución, a USC pretende sacar adiante o proceso "o antes posible".
 
PROTESTA EN CLASE

Na mañá deste xoves, un grupo de alumnas do Máster de Xénero, Igualdade e Educación da USC protagonizaron unha irónica acción reivindicativa mostrando os seus escotes durante unha clase do profesor denunciado para mostrar o seu "desacordo ante o discurso sexista" e a falta de "consecuencias inmediatas" polas súas accións por parte da universidade.
 
As mozas mostraron os seus escotes con lemas escritos no peito, como 'antes frívola que machista' ou 'noxo e vergoña', entre outros. Segundo indican, o profesor reaccionou con "saídas de ton" referíndose a un novo que se participaba na protesta con frases como "ía mirar as tetas das túas compañeiras", entre outros comentarios sobre que non lucían ben "as súas virtudes femininas".
 
Os participantes na protesta reivindican o dereito "a non a discriminadas" pola forma de vestir e pediron á USC a "suspensión inmediata" deste profesor.
 


Galicia Hoxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript