Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 307 - 21/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL
 

Clamor popular en Honduras contra asasinato de activistas sociais

Manifestantes da Coalición Nacional de Redes e Organizacións Ambientais (CNRO) esixiron o pasado día 17, ás autoridades hondureñas que capturen aos asasinos da loitadora indíxena e ambientalista Berta Cáceres.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Pedimos ao goberno que esclareza o crime de Cáceres, defensora dos dereitos dos indíxenas, líase en pancartas despregadas durante a marcha, que partiu da Universidade Pedagóxica Nacional de Francisco Morazán e estendeuse ata os arredores da Casa Presidencial.
 
Outros carteis, coa imaxe de Berta, avogaron “Pola unidade dos pobos, contra a privatización dos bens naturais”.
 
Os membros do CNRO ratificaron tamén que seguirán en loita permanente contra quen atente contra os dereitos das persoas.
 
O chamado da CNRO dáse logo de que a véspera resultase asasinado no norte hondureño o líder rexional do Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras (Copinnh), Nelson García.
 
Organizacións internacionais e personalidades de diversas partes do mundo condenaron nos últimos días o crime contra Cáceres, gañadora en 2015 do Premio Goldman polo seu activo papel en defensa do medio ambiente.
 
Tamén pediron ao goberno hondureño que protexa a vida dos integrantes do Copinh, organización fundada por Cáceres.
 
LibreRed | Prensa Latina

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript