NÚMERO 307 - 21/03/2016
CUTUDC / Novidades
A Xunta de Persoal de Administración e Servizos levou a efecto o acordo unánime de denunciar nos medios de comunicación o incumprimento institucional da normativa que regula as comisións de servizos.
No escrito
enviado aos medios sinálase que:
“A Xunta de Persoal de Administración e Servizos da
Universidade da Coruña denuncia publicamente o
incumprimento dos acordos acadados coa institución
en materia de normativa de comisións de servizos.
Con data 10 de xullo de 2014 a Xerencia da
Universidade, representada na persoa de Juan Manuel
Díaz Villoslada, co acordo da Xunta de Persoal de
Administración e Servizos, publica a
Resolución da Xerencia 1/2014, do 9 de xullo de
2014, pola que se ditan instrucións para a
cobertura temporal de postos de traballo de PAS
funcionario en comisións de servizos na que se
establece que “As comisión de servizo terán una
duración máxima dun ano e poderán prorrogarse por
outro máis caso de non se ter cuberto o posto con
carácter definitivo.”
O 28 de decembro de 2015 o mesmo xerente que
ditara a Resolución anterior publica a
Resolución de Xerencia sobre comisións de
servizos, derivadas do proceso de funcionarización,
que rematan en xaneiro de 2016,
pola que, a pesar do informe negativo da Xunta de
Persoal, decide incumprir a normativa pactada
prolongando as comisións de servizos do persoal
funcionarizado un ano máis do acordado (3 anos).
Diante desta imposición unilateral da Xerencia, o
día 20 de xaneiro a Xunta de Persoal reúnese co
reitor, Julio Abalde, para instarlle o cumprimento
da Resolución en vigor dándolle un prazo de 15 días
para que reconsiderara a decisión de dar
continuidade ás comisións máis aló dos dous anos
establecidos como máximo.
Transcorrido con creces o tempo para que a
Universidade restitúa a legalidade sen que se
tomara ningunha medida a este respecto, a Xunta de
Persoal de Administración e Servizos da
Universidade da Coruña, denuncia diante da opinión
pública o flagrante incumprimento que se fai da
normativa desde o equipo de goberno, sinalando que:
·
A Xunta de
PAS, coa suficiente antelación, deu alternativas
que, respectando o acordo, minimizaban a
repercusión para a institución e @s traballador@s
afectd@s.
·
A decisión
adoptada prexudica a outr@s traballador@s que
esperaban, transcorrido o tempo máximo das
comisións, ocupar, polo mesmo procedemento, as
prazas que se liberaban
·
A decisión
adoptada de xeito institucional establece unha
desigualdade no tratamento das comisións de
servizos, diferenciando entre persoal
funcionarizado e o resto, que a Xunta de Persoal
non pode consentir.
·
O
incumprimento do acordado entre Xerencia e Xunta de
Persoal, reflectido na normativa en vigor pon en
dúbida calquera outro acordo que se poida acadar
con este equipo de goberno.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript