Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 307 - 21/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  CONSELLO DE MINISTROS
 

O goberno en funcións aproba a OEP de 2016

O Consello de Ministros deste venres aprobou a OEP (Oferta de Emprego Público) do ano 2016. Abonda con votarlle unha ollada para decatarse cales son as prioridades dun executivo en funcións que se nega a dar explicacións no Parlamento pero que toma decisións que repercutirán no goberno que o substituirá. Neste caso cun incremento do 99,4% o Corpo Nacional de Policía foi o máis afortunado nas bolas. A prioridade non é nin a educación nin a saúde, o importante, para este goberno acurralado socialmente, é reprimir.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, agradeceu ao Goberno en funcións que aprobase unha oferta de emprego público que no conxunto das administracións ten unha parte tan significativa para a Policía Nacional, o que demostra que a seguridade é, sen dúbida, unha das súas prioridades.
 

 

2015

2016

Incremento

AXE (Administración Xeral do Estado)

3.542

6.057

71,0%

XUSTIZA

1.430

1.820

27,3%

Funcionarios Administración Local con Habilitación de carácter nacional

250

250

=

CN POLICÍA

1.374

2.740

99,4%

GARDA CIVIL (*)

885

1.799

103,3%

SUBTOTAL SEN FORZAS ARMADAS

7.481

12.666

69,30%

FORZAS ARMADAS**

800

761

-4,88%

TOTAL

8.281

13.427

62,14%

* recolle 65 prazas que irán na Oferta de Emprego Público das Forzas Armadas.
** pendente de aprobar nun próximo Consello de Ministros
 

Prazas de promoción interna
 
A Oferta de Emprego Público para 2016 establece 5.694 prazas de promoción interna, o que supón un incremento do 20,25 por 100 respecto de 2015, cifra que inclúe as prazas de Forzas Armadas.

 

2015

2016

Incremento

AXE (Administración Xeral do Estado)

2.708

3.632

34,12%

Funcionarios Administración Local con Habilitación de carácter nacional

50

200

300%

XUSTIZA

596

374

-

CN POLICÍA

150

250

66,7%

GARDA CIVIL

330

330

=

SUBTOTAL SEN FORZAS ARMADAS

3.834

4.786

24,83%

FORZAS ARMADAS*

901

908

0,7%

TOTAL

4.735

5.694

20,25%

*pendente de aprobar nun próximo Consello de Ministros
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript