NÚMERO 307 - 21/03/2016
CUTUDC / Novidades
Os traballadores eventuais recolleron este mércores a testemuña dos sindicatos sanitarios, que xa protestaron a semana pasada en Santiago contra a "ridícula" OPE do Sergas. Varios centos de persoas marcharon este mércores desde o Obradoiro cara á Xunta, reclamando que se cubran "as aproximadamente 3000 vacantes" que se xeraron durante os últimos anos, pero tamén denunciando a "tiranía" que exerce o Sergas con contratos precarios "por días ou por horas" para os traballadores eventuais.
Segundo explicou Eli Dosil, portavoz do Sindicato de Sanitarios Públicos Galegos (SAGAP), o obxectivo último desta marcha é visibilizar os problemas dun colectivo que segundo os seus cálculos xa supón "máis do 30% dos traballadores do Sergas". Como proba da precariedade das súas condicións levaron copias das súas vidas laborais ata San Caetano, que inclúen contratos "por días ou por horas", non fóra a ser que o conselleiro de Sanidade "nos tachase de mentireiros".
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript